Neste Primeiro de Maio volvemos lembrar a rebeldía da clase traballadora que nos trouxo ata aquí e as loitas que teñen que seguir impulsándonos.

Porque nestes tempos escuros que vivimos de recortes de liberdades toca seguir en pé para recuperar os dereitos das traballadoras e traballadores.

Porque toca seguir loitando máis que nunca polos salarios dignos, contra o paro, a precariedade, a explotación laboral, as pensións de miseria, a desigualdade e a fenda de xénero…

Porque sobran os motivos e as reivindicacións, Compostela e o País enteiro saíron hoxe de novo a encher rúas e praza de dignidade, polo benestar, a fraternidade e a Xustiza social.
Porque as liberdades públicas e os dereitos sociais teñen quen os defendan.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies