O pasado sábado 16 de xuño foi momento de celebración en común, pero tamén de facer un exercicio de memoria do que foron estes #3anosDeGobernoCA.

Dende o orgullo do traballo feito dende un espazo xeneroso, comprometido e fraterno, dende a autocrítica polos erros cometidos e o traballo que queda por facer.

Nestes tres anos escribimos un relato de capital do país que é vangarda contra as violencias machistas, con humildade e sen paternalismos.

Tres anos nos que apostamos por unha #CompostelaSocial que multiplica as axudas e a rede de seguridade para a xente en risco de exclusión. Polo latexo cultural dunha cidade dinámica e participativa que mestura tradición e vangarda, pola posta en valor das zonas verdes, pola recuperación de memoria histórica, pola conquista para o público de servizos e espazos físicos e simbólicos…

E como di Martiño Noriega. nestes tres anos gañamos a diplomatura de rebeldes competentes, queda seguir traballando para gañar a licenciatura.

 

 

Temos un ano por diante para seguir transformando este relato en feitos para renovar a confianza da veciñanza e seguir exercendo de contrapeso ás políticas da dereita e do Partido Popular.

Non podemos dar todas as batallas, pero si podemos escoller cales queremos dar. Por iso seguiremos traballando para reforzar a unidade popular dende o local, para seguir exercendo este ‘picheleirismo’ non excluínte.

Dende a institución e dende a rúa, é o momento de seguir dando pasos adiante e seguir poñendo nerviosa a esa minoría que ve os seus intereses ameazados.

Aquí podes ver unha galería de imaxes desta Romaría 3º aniversario.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies