A #ORAdoPúblico xa é unha realidade

A municipalización da ORA e do guindastre de Compostela xa é unha realidade!

A partir deste venres 15 de xuño, a empresa municipal TUSSA pasa a xestionar directamente estes servizos. Culmina así un camiño cheo de obstáculos que demostra que si é posible recuperar servizos para a maioría e o ben común, que hai fendas para desmontar o búnker neoliberal da dereita que busca poñer o público ao servizo e beneficio dunha minoría.

Unha vez superada a fase de transición e implantación dos primeiros meses, esta remunicipalización permitirá facer políticas de mobilidade máis centradas no interese da veciñanza que nos beneficios dunha empresa privada. Así, o Concello poderá deseñar dende TUSSA (unha empresa 100% municipal) políticas de mobilidade que integren de forma global a zona azul, a zona verde para residentes, a novas liñas de bus e os aparcamentos municipais de Xoán XXIII, Belvís, Salgueiriños, Santa Marta ou o futuro de Conxo e outro barrios.

Trátase da segunda remunicipalización do goberno de Compostela Aberta despois da asesoría xurídica municipal, que estaba externalizada. Esta recuperación xa permitiu aforrar miles de euros ao Concello.

Nova app móbil
Como podes ler na web do Concello de Santiago. A muncipalización chega cunha nova app para o pago móbil. Chámase MOVILTIK e con ela as usuarias e usuarios só pagarán polo tempo real de estacionamento, sen necesidade de cargar previamente un monedeiro virtual como pasaba ata o de agora. Esta app está dispoñible para os sistemas de Google Android e Apple iOS.

Arquivado en:ORAsanta marta
Novas
relacionadas

Marta Lois: “A sentenza de Setex volve demostrar que o Goberno de Compostela Aberta fixo ben as cousas”

A portavoz de CA  insta ao alcalde a “abandonar o discurso crítico coa municipalización da ORA e a empezar a xestionar o servizo”

Marta Lois: “Javier Fernández xa demostrou a súa incapacidade á fronte das Obras, e agora queda claro que tampouco pode xestionar os Centros Socioculturais”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta a paralización da licitación dos CSCs polo TACGal, e lembra que “o concelleiro respondeu coa súa soberbia ás nosas advertencias sobre os erros dos pregos” 

Branca Novoneyra: “Os pregos para a licitación dos centros socioculturais son unha bomba de reloxería e o Goberno debe retiralos”

Compostela Aberta lamenta “a falta de dirección política no departamento” e sostén que “é evidente que ningún concelleiro do Goberno se parou nin un minuto a avaliar as condicións do contrato”

Xan Duro: “Bugallo comprometeuse hai dous anos a impulsar a construción da piscina de Santa Marta, e non deu ningún paso ao respecto”

CA esixe o cumprimento do acordo plenario  para a planificación da piscina e a creación dunha comisión de traballo cos clubs de natación para o seu deseño

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo