Achegas

Compostela Aberta naceu da cidadanía e para a cidadanía. Fomos construíndo un proxecto colectivo paso a paso, sumando entre todas saberes, esforzo, tempo e ilusión.

En Compostela Aberta temos recollido no noso Código Ético a renuncia explícita dos créditos bancarios e das doazóns de particulares que poidan coartar a nosa independencia política, apostando polo micromecenado finalista.

Aínda que a nosa estrutura e gastos son menores ao doutras organizacións, precisamos da vosa colaboración para financiar a actividade de Compostela Aberta.

Como podo colaborar?

Podes facer unha achega económica trimestral ou puntual nun único pago, mediante domiciliación bancaria. A partir de 15€ e ata un máximo de 2000 € anuais e todas as achegas serán deducibles na túa declaración anual do IRPF, segundo a Lei de partidos políticos.

Só tes que completar o seguinte formulario:

Achega

Indicar seguintes opcións seguindo este modelo:

*

Datos da persoa titular

Datos bancarios

Condicións Xerais

  1. Esta achega económica non confire á persoa doadora ningún dereito nin vencello con Compostela Aberta, nin como inscrita nin como simpatizante, e tampouco ningunha obriga ante as normas internas e estatutos de CA.
  2. O máximo anual para achegas económicas é de 2.000 euros anuais.
  3. Consentimento de orde de domiciliación. Coa aceptación e envío deste formulario autoriza a Compostela Aberta e á súa entidade bancaria a realizar as operacións de cobro mediante adeudos polo importe, frecuencia e na conta indicada no presente formulario.
  4. Protección de datos persoais. De acordo ao establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de datos persoais, informamos que enviando este formulario os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade COMPOSTELA ABERTA para o seu uso exclusivo.

Poderán solicitar a modificación ou cancelación dos mesmos enviando un correo electrónico a finanzas@compostelaaberta.org.

*

Transparencia

Podes ver máis detalles de a que dedicamos os cartos aquí: as Contas CA.

logotipo

GRAZAS POLA TUA CONFIANZA!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies