Acordos da Coordenadora de Compostela Aberta do 21 de Marzo de 2017

O pasado martes 21 de marzo tivo lugar a primeira xuntanza ordinaria da nova coordinadora de Compostela Aberta. A semana anterior tivemos unha primeira xuntanza cas compañeiras e compañeiros da coordinadora saínte, para termos unha idea aproximada das tarefas que ficaban pendentes e que nós debemos reactivar.
Nese sentido a máis interesante delas é a búsqueda dun novo local compartido con En Marea. Aínda que non queremos pecar dun exceso de optimismo, todo parece indicar que poderemos suplir esta carencia nun período razoable de tempo. Agardamos poder informar con maior concreción nas vindeiras semanas.

Tamén comezamos a concretar a convocatoria da vindeira Asemblea deste período, vendo cales poden ser as prioridades do debate político. Estamos a traballar nun documento no que explicaremos brevemente en que consisten as novas responsabilidades, en coherencia co expresado no documento político da candidatura CAmiñando Xuntas, que foi refrendada nas pasadas eleccións internas.

Aparte dunha portavocía coral e dunha área de coordinación colexiada, na primeira xuntanza da coordinadora definimos as responsabilidades nas dúas grandes áreas de traballo que nos dotamos: a de iniciativa política e a organizativa. En breve buscaremos amplialas a todas aquelas e aqueles que queirades colaborar, en coherencia con este deseño en rede que propuxemos.

Voceiría: Álex Botello e Flora Miranda
Área de coordinación: Álex Botello e Alexandra Pacheco
Área de iniciativa política
– Relacións políticas: Álex Botello, Flora Miranda e Alexandra Pacheco
– Comunicación: André Seoane e Myriam Vidal
– Estratexia e relato: Pepe Arias
– Escola de Municipalismo: Xosé Allegue
Área de organización
– Organización e financiamento: Sigrid Campo e Antía Soto
– Relación cos Grupos de Traballo: Iago Raposo
– Relacións veciñais: Duarte Crestar
– Loxística e local: Raquel López Noia

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo