Acordos da Coordenadora de Compostela Aberta do 29 de Marzo de 2017

Na reunión informouse da posta en marcha das Áreas de Organización e Iniciativa Política que xa mantiveron as súas primeiras reunións, avanzando nos temas que se trataron na Coordenadora.

No apartado organizativo tratáronse aspectos derivados da recente mudanza de responsabilidades como a posta ao día das finanzas, a organización dos Grupos de Traballo ou a xestión de web e contas en redes. Falouse tamén das xestións que se están a facer derivadas da mudanza de local. Neste ponto infórmase de que parte do material do local vello non se vai reutilizar, particularmente as cadeiras, polo que se algun/ha inscrito/a ten coñecemento dalgunha entidade social que poda estar interesada no seu aproveitamento pode pórse en contacto coa coordenadora.

A área de Iniciativa Política está a traballar sobre varios temas. Dous deles de patente actualidade, como son a revisión catastral e o proceso de municipalización da ORA e Guindastre. Desenvolveranse actividades e editarase material que reforce e complemente a acción do goberno municipal.

Recibiuse un convite da Marea Atlántica para manter unha reunión. Acordouse aceitar o convite. A reunión tivo lugar o xoves 30 de Marzo na Coruña.

Comézase a traballar na perspectiva do segundo aniversario da chegada ao goberno. Hai acordo en organizar unha celebración que, sen perder o contido festivo, reforce a sua dimensión política facendo un especial énfase na loita común ao conxunto das Cidades Rebeldes.

A espera de confirmación de axendas e disponibilidade de local, prevese convocar a Asemblea Ordinaria na semana do 17 de Abril.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo