Acta xuntanza coordinadora – 4 outubro 2016

Acta xuntanza Coordinadora Compostela Aberta.
Data e hora: 4 outubro 2016, 20:00h

Asisten: Iolanda Rei, Antonio Pérez, David Doménech, Mariajo, André Seoane, Marilar, Concha Fernández, Antía, Javi Vázquez.

1 – Valoración dos resultados das eleccións autonómicas do 25S.

Acórdase unha valoración na coordinadora sobre os resultados, en clave autonómica e local, e a campaña electoral.

2 – Préstamo de Compostela Aberta a En Marea.

Aprobado crédito de CA (3.000€) a EnMarea.

3 – Aclaración dúbidas sobre o límite salarial das persoas concelleiras.

Resolución sobre trienios: Os trienios de persoal funcionario estarían excluidos dos ingresos afectados polo código ético, xa que esa retribución non é xerada na actividade propia do cargo.
(“A devandita cantidade inclúe todas as retribucións xeradas nas actividades propias do cargo”)

4 – Asignación tarefas básicas: resposta nas canles de entrada (email e FB).

Aplazado ata a seguinte coordinadora.

5 – Problemática co formato actual da coordinadora ampliada.

Celebrarase o día 11/out unha coordinadora ampliada para debater sobre unha nova formulación das xuntanzas ampliadas.

6 – Varios.

a) Acordo: Elaboración dun código de conducta, o cal deberá ser aprobado pola asamblea.
Responsables: David + JaviV.

b) Orde do día da asamblea.
Data: martes 18 de outubro, 19:30h – 21:30h
1- Valoración de resultados e campaña electoral (45′)
* Exposición, 2 persoas do equipo de campaña [David, por confirmar] 10′
* Debate 35′
2- Exposición concelleiro [Jorge Duarte] (30′)
* Exposición – Licenzas locais 15.
* Preguntas 15′
3- Varios 30′

c) Datas das seguintes coordinadoras.
* 11 outubro, 19:00h
* 25 outubro, 20:00h
* 8 novembro, 20:00h

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo