as nosas propostas

NOVAS LIÑAS E MÁIS BUSES ECOLÓXICOS

O goberno de Compostela Aberta deseñara un novo modelo de transporte público que o actual goberno de Bugallo ten paralizado. Propoñemos unhas novas liñas e novas rutas, frecuencias máis breves e autobuses ecolóxicos e máis modernos.

A nosa proposta permitirá conectar todos os barrios de Santiago e tamén o rural grazas ao transporte a demanda. Para ter un transporte público eficiente e rápido que sexa competitivo frente ao transporte particular. 

Estas novas liñas e este novo modelo serán a base da nova mobilidade en Santiago de Compostela. E así poder gañar espazo para as persoas.

UNHA REDE DE BUSES ANTIGA e OBSOLETA

O modelo de transporte público non está adaptado á realidade actual de Santiago de Compostela. As liñas que funcionan hoxe en día foron deseñadas hai moitas décadas, sobre un mapa dunha cidade máis pequena, e con outras necesidades. Agora hai novos barrios, e novos espazos públicos (hospitais, polígonos industriais), e as liñas que os atenden teñen frecuencias insuficientes.

É necesario atopar solucións a como nos movemos pola cidade, e a como chega a xente que reside fóra do casco urbano. As prioridades de uso do espazo público poñen a peóns, transporte público, e medios de mobilidade non contaminantes por diante dos vehículos privados. 

CONECTAR TODOS OS BARRIOS E PARROQUIAS

Co deseño actual de transporte público, algúns dos traxectos que atravesan a cidade son moi pouco atractivos polos tempos de espera e desprazamento, o que fai que os autobuses sexan pouco competitivos en comparación co vehículo privado. Hai zonas da cidade, como o rural e algúns barrios, que non teñen coñexión ou con moi poucas frecuencias de servizo. 

Durante o noso goberno, fixemos un traballo moi importante para deseñar un novo modelo de transporte público. Mantivemos conversas con asociacións de veciños, axentes económicos, as asociacións do rural, etc., para facer unha proposta de consenso. Deixamos uns pregos feitos, listos para lanzar o contrato a concurso, pero o actual goberno non conseguiu pechar este asunto.

O GOBERNO DE COMPOSTELA ABERTA DEIXOU PREPARADO UN NOVO MAPA DE RUTAS MÁIS EFICIENTE

Con un novo mapa de rutas máis eficiente, com liñas que se interconectan de forma planificada e non percorren a cidade de estremo a estremo ou unindo barrios de xeito case aleatorio, os autobuses pasarán con maior frecuencia: cada dez minutos nas liñas principais, e cada 20 ou 30 nas demais, fronte ás actuais que chegan a tardar unha hora. Tamén permitirá mellorar o servizo ao rural e ás zonas menos céntricas, estendendo as liñas e con servizos de transporte a demanda.

Máis sobre #mobilidade

Compostela Aberta creará unha rede pública de bicicletas eléctricas

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

María Rozas: “A día de hoxe, as persoas con discapacidade non ven garantido o seu dereito á mobilidade en Santiago”

TI TAMÉN TES MOITO QUE DICIR
AXÚDANOS A FACELO REALIDADE

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo