Vista da Intermodal de Compostela
O Pleno do Concello de Santiago aprobou o pasado martes o convenio para a construción da plataforma peonil vinculada á estación intermodal, acordado polo propio Concello, a Xunta e ADIF. Un paso fundamental para que Santiago teña a Intermodal que precisa e merece.

Con esta aprobación -malia os votos en contra do PSdeG e do BNG- avanzamos na Intermodal que Compostela merece, máis de vinte despois da sinatura dun primeiro convenio anulado e case dez anos despois dun segundo convenio en pleno ‘boom’ do ladrillo que prevía un aproveitamento urbanístico de 53.000 metros cadrados por parte de ADIF.

Como sinalou o concello de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, a pasarela peonil “permitirá conectar as estacións de ferrocarril e autobuses, e mellorará a permeabilidade entre os barrios do Ensanche e Pontepedriña”. Polo tanto, ademais de melloras na mobilidade, esta infraestrutura vai mudar a cara da cidade suturando a fenda existente entre estes barrios e avanzando na articulación territorial e na cohesión urbana e social de Compostela.

Desbloqueo de proxectos de cidade
Con esta aprobación, o Goberno de Compostela Aberta segue desbloqueando proxectos de cidade longamente esperados como a variante de Aradas, as conexións da AP9 coa Cidade da Cultura, os avances para o inicio da construción do Orbital na zona norte da cidade…

Tamén afrontamos a responsabilidade de pór sobre a mesa alternativas a proxectos negativos que non están á altura do que Compostela merece, como a EDAR proposta polo PP para O Souto e superada pola proposta de Compostela Aberta na Silvouta.

Con moito aínda por diante e por facer, seguimos avanzando en común para acadar a Compostela que queremos máis!

Aquí podes ver o vídeo da Pleno extraordinario no que se aprobou o convenio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies