A Asemblea de Compostela Aberta aprobou por ampla maioría a proposta da Coordinadora para relanzar o espazo político galego da Unidade Popular.

Tal como se expón nesta proposta, os retos electorais do próximo 2019 esixirán un enorme esforzo e vontade de colaboración de todos os axentes integrantes en prol do ben común e dos obxectivos políticos de transformación social, partindo da lóxica da cooperación entre as partes.

Para poder afrontar estes retos con garantías, e coa responsabilidade coa que nos debemos á cidadanía que ten confiado en nós, semella imprescindible o relanzamento do espazo político galego da unidade popular e constituír un espazo de traballo conxunto para as organizacións e mareas.

Neste contexto e con estes obxectivos, os acordos aprobados polo conxunto da Asemblea son:

1 . Propor que se constitúa unha Mesa da Confluencia -contando, como mínimo, coa representación dos partidos políticos participantes na primeira coalición, incluídas ás tres mareas gobernantes e a actual En Marea- co obxectivo  de garantir que todas as partes se corresponsabilicen e participen do espazo político.

2 . Tendo en conta o anterior, solicitar que se anticipe a nova elección do Consello das Mareas e se convoque a súa renovación xa no mes de setembro -evitando a coincidencia coa precampaña electoral- como órgano de dirección  política e coordinación do espazo político.

3 . Mandatar á Coordinadora de Compostela Aberta para impulsar as iniciativas políticas que teñan por obxectivo conseguir os dous puntos anteriores e relanzar a unidade popular.

No seguinte enlace podes consultar o documento completo aprobado pola Asemblea.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies