Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

O movemento ecoloxista e o sector do mar organizan a Manifestación en Defensa do Mar, o domingo 21 de xaneiro, con saída ás 12.00 horas desde a Alameda de Santiago e con finalización na Praza do Obradoiro. Desde Compostela Aberta apoiamos esta mobilización e animamos a toda a cidadanía a participar nela como acto de […]

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

María Rozas, en representación de CA, Goretti Sanmartín, en representación do BNG, e Aitor Bouza, en representación do PSdeG-PSOE, veñen de asinar o acordo para os orzamentos municipais de 2024 que, en palabras da alcaldesa “responde ás necesidades dun orzamento feito e pensado para as persoas, un orzamento social, igualitario, e deseñado para o mantemento […]

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

A tenenta de alcaldesa e portavoz de Compostela Aberta salientou hoxe que “os primeiros cen días do mandato servíronnos para asentar as bases do que será a acción de Goberno nos próximos anos, baseada no diálogo e na participación”. María Rozas incidiu en que foron uns meses “moi intensos, nos que tivemos que atender importantes […]

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

María Rozas (Santiago, 1981) vén de asumir a concellería de Dereitos e Servizos Sociais logo do pacto de goberno BNG-CA que lle deu a primeira tenencia de alcaldía. Satisfeita con esa delegación —no goberno de Noriega levara a facenda municipal—, a líder de Compostela Aberta é consciente do esforzo negociador que ten por diante un […]

O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

O goberno municipal de Santiago de Compostela destaca que a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública (TacGal) de estimar parcialmente tres recursos contra os pregos de contratación da xestión do servizo público de transporte urbano é unha proba da ineficacia do goberno saínte do PSOE con claras repercusións negativas para o conxunto da poboación. […]

O Goberno de coalición bota a andar “para impulsar políticas transformadoras e afrontar con valentía os retos de Santiago”

María Rozas é a nova concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, ademais de primeira tenenta de alcaldesa; e Xan Duro asume as competencias de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais no Goberno de coalición presidido por Goretti Sanmartín. Anunciárono hoxe en rolda de prensa a portavoz de Compostela Aberta e a nova […]

Compostela Aberta e BNG comezan as negociacións dun pacto de goberno

 Compostela Aberta e BNG iniciaron hoxe as negociacións dun pacto de goberno, despois de que a asamblea de CA se pronunciara onte a favor de explorar a posibilidade de entrar nese executivo de coalición. María Rozas reiterou que “a veciñanza pediunos nas urnas que chegaramos a acordos, e Compostela Aberta tén toda a vontade de […]

A asamblea de Compostela Aberta aposta por negociar un pacto de goberno co BNG

A asamblea de Compostela Aberta acordou hoxe  mandatar á coordinadora para aceptar a proposta do BNG de negociar a integración de CA nun goberno de coalición. Así se acordou na xuntanza celebrada esta tarde para avaliar os resultados das eleccións do pasado 28 de maio e perfilar o rol que Compostela Aberta debe xogar no […]

A asamblea de Compostela Aberta decidirá sobre a oferta do BNG para entrar no Goberno

Compostela Aberta confirmou hoxe que facilitará a toma de posesión de Goretti Sanmartín como nova alcaldesa de Santiago na sesión de investidura prevista para o 17 de xuño, e será a asamblea da organización a que se pronuncie sobre a posibilidade de entrar nun goberno de coalición liderado polo BNG. Así o trasladou a portavoz […]

María Rozas: “Mentres algúns prometen enterrar 40 millóns de euros nunha soa rúa, CA comprométese a facer as obras precisas nos barrios e parroquias”

“Compostela Aberta é a única formación que nesta campaña electoral non entrou nunha carreira absurda para prometer a obra máis faraónica, máis innecesaria e máis irrealizable, non porque non sexamos ambiciosas, senón porque no noso programa incorporamos os proxectos que de verdade son demandados pola xente”. Díxoo hoxe María Rozas, que deu conta das actuacións […]

CA creará unha empresa municipal para aforrar custos e mellorar servizos coma o de limpeza e a conserxería das instalacións municipais

Compostela Aberta iniciará os trámites para recuperar a xestión directa de servizos públicos que agora están en mans de empresas externas que se limitan fundamentalmente a proporcionar personal para atender cuestións como a conserxería e limpeza de instalacións municipais e deportivas ou o Servizo de Axuda no Fogar. A candidata de CA á alcaldía, María […]