CA insta á Deputación a promover e retomar a difusión do documental Frankenstein 04155

Cinco anos despois do accidente do Alvia en Angrois no cal perderon a vida 81 persoas e 145 resultaron feridas, as vítimas e os seus familiares seguen reclamando “verdade, xustiza e reparación”. Nesa xusta reclamación non caben máis cortinas de fume e silencios.

Por iso dende Compostela Aberta instamos á Deputación Provincial da Coruña a promover e retomar a difusión do documental Frankenstein 04155 sobre o accidente.

O deputado provincial de CA, Manuel Dios, lembrou na sesión plenaria da Deputación que o pasado día 24 a plataforma de vítimas do accidente do Alvia celebrou unha serie de actos en Santiago, nos que recibiron o apoio da veciñanza e de boa parte da súa representación institucional, encabezada polo alcalde, Martiño Noriega.

Xa en abril de 2016, Compostela Aberta promoveu unha moción provincial esixindo unha Comisión de investigación parlamentaria e a difusión do documental producido pola Plataforma de vítimas.

Cinco anos despois, e malia os logros acadados pola plataforma, quedan moitas responsabilidades políticas e xurídicas por asumir para cumprir coa esixencia de verdade, xustiza e reparación. A súa loita segue sendo necesaria e seguirá contando con todo o noso apoio e solidariedade.

O documental pode visualizarse online a través do seguinte enlace: http://vimeo.com/134718028

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo