CA leva a Pleno una moción promovida por Libera para aumentar a dotación da Lei de Benestar Animal

O grupo municipal de Compostela Aberta presentará no Pleno deste xoves 19 de xullo unha moción instando á Xunta a dotar cos medios  e recursos necesarios a Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía. Esta moción está promovida pola Asociación Animalista Libera  que xunto a Fundación Franz Weber impulsan políticas públicas para a convivencia responsable cos animais no país.

Máis de cinco meses despois da entrada en vigor desta lei, constatamos como non deixan de medrar o abandono, os casos de encadeamento continuado ou de limitación extrema de movemento que supoñen maltrato case permanente.

Mentres tanto, a Xunta segue a facer proselitismo electoralista dunha Lei da que non se responsabiliza nin dota cos recursos necesarios, con apenas 100.000€ consignados nos orzamentos para o conxunto dos concellos galegos. Tampouco se dá resposta ás ducias de denuncias administrativas que agardan resposta por casos de maltrato e crueldade nin se ten en conta a exclusión do ámbito de aplicación da Lei dos équidos, obxecto tamén de prácticas específicas de crueldade como é a colocación de pexas.

Unha aplicación correcta de preceptos como o sacrificio cero require do compromiso de todas as partes, desde a elaboración de estratexias de sensibilización ata a elaboración de convenios con entidades protectoras de animais e refuxios.

Por todo isto, Compostela Aberta leva a Pleno esta moción promovida pola Asociación Animalista Libera para que a Xunta poña da súa parte os medios técnicos e económicos que garantan efectos reais máis alá de crear titulares.

No seguinte enlace podes ver a moción completa.

(Lei de Benestar Animal. Foto: Voz de Galicia)
Arquivado en:Refuxio de Bando
Novas
relacionadas

Compostela Aberta pide melloras no Refuxio de Bando “fronte ao actual estado de saturación das instalacións”

María Rozas reclama o reforzo do persoal do Refuxio e que se recuperen as campañas de sensibilización contra o abandono e de esterilización de gatos que funcionaron no pasado mandato

Compostela Aberta pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de refuxiadas afgás

CA levará ao Pleno unha moción para demandar que “todas as administracións, tamén a local, se impliquen na resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos en Afganistán”

Compostela Aberta denuncia os atrancos que impón o Goberno de Bugallo no acceso á información por parte da oposición

A concelleira María Rozas defenderá no Pleno unha moción para que o Goberno do PSOE retome os mecanismos que no anterior mandato permitían que a oposición accedera á información solicitada nun prazo de cinco días

CA pídelle ao Goberno que transparente os seus plans para o Refuxio de Animais de Bando

Compostela Aberta mostra a súa preocupación polo futuro do servizo e do seu persoal, despois de que a concelleira de Benestar Animal amosara a súa intención de privatizar o Refuxio e de renegociar á baixa as retribucións das traballadoras

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo