Compostela Aberta defenderá no pleno deste 19 de xulllo unha moción que insta ao Estado de asinar o Tratado da ONU sobre prohibición de Armas Nucleares como xa fixeron 122 países..

Este convenio internacional, promovido pola ONU non foi ratificado aínda polos países que integran a OTAN, entre eles o Estado español. É o primeiro convenio que prohibe calquera uso de armas nucleares, incluído desenvolvemento, adquisición, proba ou posesión xa que ata o de agora o foco poñíase sobre a redución dos arsenais.

Na actualidade hai un mínimo de cinco estados con arsenais nucelares que non asinaron os tratados de non proliferación. A Asemblea da ONU adoptou hai agora o ano este novo Tratado ante a recente escalada na produción de armas e mísiles balísticos.

Aínda que o Estado español non posúe armamento nuclear nin foi vítima do seu uso militar, si coñece os riscos da súa existencia ou mesmo da simple almacenaxe, cando aínda persiste a contaminación radioactiva asociada ao incidente de Palomares (Almería) hai máis de 50 anos.

Por iso iso instamos ao novo Goberno do Estado xurdido trala moción de censura ao PP de Rajoy a decidir se está do lado da paz e do desarme nuclear ou do seguidismo ás políticas de tensión e ameaza de Donald Trump.

Aquí podes ver a moción completa que Compostela Aberta leva a Pleno.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies