CA pregunta na Deputación polo retraso no programa de desfibriladores en instalacións deportivas

Tres anos despois de aprobarse a moción de Compostela Aberta, a Deputación porá en marcha o programa para dotar aos centros deportivos da provincia con equipos de desfibrilación semi-automática

O Goberno da Deputación iniciará en 2019 o programa de instalación de equipos de desfibrilación semiautomática en instalacións deportivas da provincia. Así o confirmou o voceiro do ente provincial, en resposta a unha pregunta do deputado de Compostela Aberta, Manuel Dios. A Deputación xa redactou os pregos administrativos para proceder á compra dos desfibriladores, e no orzamento para o ano 2019 se dotará unha partida económica para a súa adquisición.

Deste xeito, esta actuación proposta por Compostela Aberta comezará con case tres anos de retraso. A moción, defendida por Manuel Dios en abril de 2016, foi aprobada por unanimidade de todos os grupos. Nela, o noso representante provincial explicaba que o incremento da actividade deportiva facía máis que recomendable facilitar liñas de axuda cos que dotar deste tipo de equipamentos tanto ás instalacións deportivas municipais, como aos clubs da provincia. O acordo esixía ao Goberno a posta en marcha das axudas ao longo de 2016.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo