CA promove declaracións na Deputación polo 25N e polo aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios promoveu dúas Declaracións Institucionais que foron apoiadas por todos os grupos da Deputación Provincial.

Por unha banda a Declaración Insitucional con motivo do 25 de Novembro, día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Nesta delaración chégase aos seguintes acordos:

1.-Expresar o recoñecemento da Corporación ás históricas mobilizacións desenvolvidas polo feminismo galego durante o 2018 así como o apoio ás mobilizacións que impulsen as organizacións feministas galegas.

2.-Instar ao Goberno do Estado a incrementar os fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

3.-Que o Goberno continúe impulsando as medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero nos ámbitos: educativo, social, xurídico, económico, de protección, de concienciación e de sensibilización social.

4.-Demandar ao órgano competente do Goberno do Estado a creación dunha unidade de Violencia Machista específica na Comunidade Autónoma encargada de facer cumprir a lexislación en materia de violencia machista para impulsar xulgados específicos de violencia de xénero, promover medidas destinadas ao tratamento integral da violencia sexual como forma de violencia machista e garantir formación en violencia de xénero de todo o persoal que intervén no proceso xudicial.

A segunda declaración presentada foi en relación ao 70 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

O texto aprobado por todos os grupos políticos da Deputación da Coruña é o seguinte:

O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un documento histórico e de plena vixencia que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sen importar a súa raza, color, relixión, orientación sexual, idioma, opinións políticas ou de outra índole, lugar de nacemento, propiedades, orixe social ou calquera outra condición.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo