CA vota a favor do Plan Provincial POS 2018 que deixará 1,7 millóns en Compostela

O deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, votou hoxe favorablemente no Pleno da Deputación ao Plan de Cooperación ás Obras e Servizos (POS+2018. Dios explicou o seu voto positivo no acordo cos principios xerais do Plan, como son a autonomía dos concellos á hora de decidir investimentos, ou que responde a criterios obxectivos e iguais para todos os concellos, sen depender da cor política de cada corporación.

Ademais de agradecer o traballo do persoal tanto da Deputación como dos concellos, o deputado expresou a disposición de CA a colaborar, con vontade de diálogo e de colaboración, en que o proceso de elaboración e aprobación do Plan sexa máis áxil, xa que a aprobación em maio dificulta que os concellos executen os investimentos durante o verán.

POS 2018 en Compostela
O POS 2018 suporá unha achega de 1,7 millóns de euros para Compostela, que permitirán sanear a débeda financeira herdada polo Goberno municipal de CA en máis de 225.000 euros, e con provedores en case 300.000 euros. En canto aos investimentos, o executivo local decidiu destinar máis de un millón de euros para reducir o déficit de servizos no rural. Despois de destinar os plans de anos anteriores ao mantemento da rede viaria, en 2018 sabordaranse proxectos máis ambiciosos que melloren a calidade de vida nas parroquias.

Na parroquia de Lavacolla, cun importe de máis de 300.000 euros está previsto construír un edificio multiusos anexo ao colexio, que será utilizado tanto pola veciñanza como polo centro educativo, tras un acordo coa Consellería de Educación para o uso conxunto.

En Verdía levarase a cabo a cubrición da pista polideportiva, o cal permitirá o seu uso para diversos fins en épocas de climatoloxía adversa. Trátase dunha petición da veciñanza, que está orzamentada en 150.000 euros.

Tamén se mellorarán os equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras, por un importe próximo aos 300.000 €, coa construción dunha pista de padel, o acondicionamento dos vestiarios xa existentes, e a renovación do espazo deportivo xa existente.

Na Gracia, terá lugar o acondicionamento da contorna do Centro Cívico, ao cal se destinarán máis de 286.000 euros, que permitirán mellorar a accesibilidade do edificio, cambiar a localización do xogo infantil situado baixo unha liña de baixa tensión, e dotar á parroquia dun circuíto biosaudable.

Como complementario, o Goberno de CA aprobou a execución dunha senda peonil na rúa de San Martiño de Aríns, unha actuación moi ambiciosa e demandada polos veciños, que permitirá mellorar os accesos ao Monte do Gozo, mellorando a seguridade viaria dunha rúa que vertebra a parroquia e que dá acceso a equipamentos sociocomunitarios como o centro sociocultural ou o cemiterio.

Retraso na aprobación do POS
O deputado de Compostela Aberta fixo fincapé en que este plan se aproba en maio, o cal dificultará que os concellos executen os investimentos previstos durante o verán, a mellor época para as obras, e mesmo dentro deste ano, o cal provocará distorsións estatísticas.

Manuel Dios amosouse seguro de que o retraso na aprobación do POS terá consecuencias no índice de execución de investimentos do Concello, “algo que no seu día nos reprocharán os representantes da oposición”, pese a non ser responsabilidade municipal.

“No caso de Compostela, con obras de gran magnitude que superan os 4 meses de execución, ao cal hai que sumar os trámites de contratación, resulta moi difícil rematar os investimentos dentro deste exercicio orzamentario”, explicou.

Necesidade de axilizar as autorizacións da Xunta e Estado
Por último, no seu discurso esixiu máis celeridade, por parte de entes dependentes de Xunta e Estado como Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas, ou ADIF, na aprobación das autorizacións aos proxectos dos concellos, “Non é de recibo que un concello teña que esperar máis de un ano por unha autorización positiva para efectuar un investimento, cos riscos que iso supón, mesmo de perda de fondos, e o prexuízo para a cidadanía”.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo