CANDIDATURAS PRESENTADAS ÁS PRIMARIAS ABERTAS

Revisada a documentación remitida, considéranse válidas as seguintes candidaturas. A votación terá lugar no local de Compostela Aberta os días 22, 23 e 24 de marzo.

Candidatura colectiva ‘A Compostela das Máis’

Presentación: “Para seguir avanzando no traballo destes 4 anos e continuar a transformar a cidade, precisamos da experiencia acumulada para poder completar un ciclo de 8 anos.”

Martiño Noriega

Martiño Noriega

Candidato á alcaldía

44 anos, pai de Mara e Airas, fillo de Isabel e Martín que tiveron a ben namorar en Compostela na segunda promoción da Facultade de Económicas no Campus Norte.

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializado en Medicina de Familia no CHUS e no Centro de Saúde das Fontiñas, traballei na Central de Emerxencias do 061. DEA en Saúde Pública.

Criado no Ensanche e cunha vida partillada logo entre Teo e Santiago, tiven durante estes catro anos a honra de exercer de Alcalde dunha cidade que leva sendo o meu marco biográfico e a miña paixón dende toda a miña vida.

María Rozas Pérez

María Rozas Pérez

Nacín en Santiago de Compostela. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Máster de Estratexias, Axentes e Políticas da Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. Fun voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos asociativos e feministas. Durante 7 anos traballei de consultora de xestión económica para Administracións Públicas nunha empresa de tecnoloxía da información e da comunicación. Nos últimos 4 anos Concelleira de Facenda onde puxen o meu esforzo e coñecementos no obxectivo dunha Compostela social e xusta.

Marta Lois González

Marta Lois González

Veciña do barrio de Fontiñas. Doutora en ciencia política, profesora da USC. Dende 2015 exerzo como concelleira de igualdade, turismo, emprego, comercio e promoción económica.

Estes anos de experiencia e traballo intenso servíronme para impulsar políticas transversais e transformadoras como a campaña Compostela en Negro, Compostela Territorio das Mulleres, sentar as bases dunha gobernanza de turismo, e avanzar no desenvolvemento económico local e de emprego de Santiago.

Rafael Peña Vidal

Rafael Peña Vidal

Veciño da Lavacolla. Da aldea sempre presente e sempre pendente dela.

Traballador en excendencia do servizo de atención a persoas con mobilidade reducida no Aeroporto Rosalía de Castro da Lavacolla, a miña a casa e a miña paixón. Do Compos e da CIG, branquiazul e vermello a partes iguais.
Por diante efectivizar por fin o equilibrio territorial no noso concello.

Concepción Fernández

Concepción Fernández

Picheleira de adopción. Doutora en Psicoloxía Política e profesora de intervención sociocomunitaria. Actualmente Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Civicos

Necesitamos (e merecemos!) outros 4 anos para rematar e consolidar proxectos iniciados para facer do noso concello un lugar mellor para vivir e construír outra Galiza con futuro.

Quero unha Compostela diversa, aberta e inclusiva con máis oportunidades e igualdade para que ninguén quede atrás e todas poidamos disfrutar de dereitos, cultura, espazos e servizos públicos dos que sentir orgullo!

Quero un goberno honesto e transparente que defenda os dereitos humanos e os principios igualdade e solidariedade. Un goberno aberto á participación cidadá que promova os valores feministas e ecoloxistas para tansformar a vida das persoas!

Alejandro Castro Botello

Alejandro Castro Botello

Crecín e vivín a meirande parte da miña vida no Ensanche Compostelán, barrio do que me sinto parte.
Estudei no CEIP Apóstolo Santiago e despois no IES de Sar. Formeime no ámbito da enxeñería civil na UDC.
Participo no activismo ecoloxista e pola mobilidade sostible, así como pola recuperación de servizos para o ben común.
Dende hai catro anos desenvolvo unha intensa actividade dentro de Compostela Aberta, na coordinación e participación activa en diversos grupos de traballo. Formei parte da anterior Coordinadora sendo o seu co-voceiro.
Sempre comprometido coa unidade popular, traballarei para construír entre todas a Compostela das máis

Branca Novoneyra

Branca Novoneyra

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago. Conseguiu o DEA en Educación Artística pola Universidade de Granada e o título de Especialista en Edición pola Universidade Oberta de Cataluña.

Durante unha década dedicouse á creación e á docencia no campo da danza contemporánea desde o Laboratorio de Movementos. Organizou o ciclo de lecturas poéticas Picaversos e traballou no eido editorial. Autora de dous libros de poemas, acredita que a cultura é un tecido vivo que nos sostén a todas, proxecta o pensamento comunitario do pasado cara ó futuro e constrúe unha forma propia de habitar a cidade e o mundo, polo que traballa por conseguir unha democracia cultural real en Santiago de Compostela como concelleira de Acción Cultural.

Jorge Duarte Vázquez

Jorge Duarte Vázquez

Dende 2015 iniciamos grandes cambios para a cidade na área de Espazos Cidadáns e Moblidade que precisamos culminar: a estación Intermodal, a nova rede de transporte público, medidas de calmado de Tráfico (Ensanche, San Pedro…), a regulación dos usos turísticos no casco histórico, a reformulación dos proxectos especulativos na Finca do Espiño e no Peleteiro introducindo vivenda pública, o parque arqueolóxico Compostela Rupestre… Este goberno merece a túa confianza!

Saúdos!

Xan Duro Fernández

Xan Duro Fernández

Resido en Salgueiriños, teño parella e son pai de dous nenos de 8 e 12 anos.

Diplomado en Biblioteconomía e Documentación son persoal funcionario da USC. Milito no ecoloxismo desde hai ben tempo, fun Presidente de ADEGA e Coordenador Xeral de Verdegaia, da que sigo facendo parte.

Nestes últimos catro anos desenvolvín o meu traballo no goberno de Compostela como Concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Innovación, con competencias en Sustentabilidade (Residuos Sólidos Urbanos, Auga, Enerxía, Consumo e Cemiterios), Convivencia (Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Tráfico), Parques e Xardíns, Innovación e Informática e Asesoría Xurídica ademais de Secretario da Xunta de Goberno.

Noa Morales Sánchez

Noa Morales Sánchez

Noa Morales. Criada entre o Meditarráneo e o Atlántico, agora veciña da Pontepedriña.

Licenciada en Ciencias Políticas, rama de Relacións Internacionais, na USC e cun máster en Estudos Árabes e Islámicos na Autónoma de Madrid. Alí debullei os procesos de destrucción cultural en situacións de conflito armado ata que desembarquei da tese sobre Seguridade Humana para navegar catro anos no Concello De Santiago. Nestes anos levei as áreas de Deportes, Mocidade, un anaquiño de Medio Ambiente e nos últimos dous anos Mercados.

Miguel Penas

Miguel Penas

Pai de Marinha e companheiro duma educadora social. Da Rua de Abaixo, do López Ferreiro, do Mixto nº5 atual Antón Fraguas, das Fontinhas, e de volta no bairro das Marias. Licenciado em História pola USC, técnico de Turismo polo Rosalia e Máster (demostrável) pola UOC. Trabalhei como asalariado, como autónomo, e até fui empresário.

Fui presidente da AGAL. Nos últimos 20 anos participo ativamente no movimento político, associativo, cultural e social de base. Nos últimos 4 desde o Concelho coordenando o gabinete de Martiño Noriega.

Natalia Paleo Mosquera

Natalia Paleo Mosquera

Licenciada en Ciencia Política, Master en Xestión Pública e Doutoramento en Ciencia Política. Actualmente, traballo como profesora de Ciencia Política na USC e tamén como investigadora no grupo Armela, onde nos dedicamos a analizar o Estado de Benestar neste contexto actual de crise económica e política cuasi-permanente.

Ao longo dos meus 12 anos de experiencia profesional, tratei de combinar sempre o ámbito da xestión e a implementación de políticas públicas, especialmente políticas feministas, co ámbito da investigación académica neste mesmo campo.

Iago Lestegás

Iago Lestegás

Lugués por nacemento, compostelán por escolla. Veciño da cidade vella. Arquitecto pola Politécnica de Madrid e doutor en rexeneración urbana pola Università di Reggio Calabria.

Completei formación en Noruega, Arxentina, Estados Unidos e Portugal e traballei como arquitecto en Euskadi. Agora investigo na USC os impactos do turismo, o mercado inmobiliario, a rehabilitación urbana e a vivenda. Tamén ando no tecido asociativo cultural, na música e baile tradicionais en Compostela.

 

María Jesús Iglesias Prado

María Jesús Iglesias Prado

Nai de Teresa. Do barrio de Meixonfrío e agora do de Vista Alegre. Con formación musical en piano polo Conservatorio Histórico. Logo de traballar durante 15 anos no sector da artesanía, fíxenme autónoma e abrín Acivro Xoias hai dous.

Ourive en formación son membro de Ourives de Compostela e participo de xeito activo no movemento feminista, cultural e social da miña cidade.

Iolanda Rei Rodríguez

Iolanda Rei Rodríguez

Vivo no barrio das Fontiñas. Son enfermeira e traballo en atención primaria e participo en Compostela Aberta desde que se creou fai máis de catro anos porque comparto este modelo de cidade, feminista, participativo, acolledor… e o mellor instrumento para acadalo é este proxecto municipalista de unidade popular.

Creo necesaria unha segunda lexislatura no goberno municipal para chegar a onde non se dou chegado neste tempo. Formo parte da actual coordinadora.

Candidatura individual

Iago Raposo Mera

Benqueridas amigas e amigos, son Iago e preséntome ás primarias de CA para garantir a pluralidade na organización . Esa Compostela aberta, participativa, dinámica, alegre e plural. Que baixe máis á praza e non fique no Pazo, que non acumule cargos nunha única persoa… porque así non o mudamos todo.

Quero recuperar esa alegría e ilusión e quero que ti me axudes a conseguilo. Unha aperta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies