Despois da inauguración da nova sede de Compostela Aberta na rúa Alfredo Brañas, comezamos esta semana co ciclo ‘Conversas no Local’ co que abordaremos unha intensa actividade de charlas e debates nos próximos meses. E comezamos este próximo martes ás 20h30 coa conversa sobre Renda Básica Universal coa participación de Eva López Soto e Manuel López ‘Akin’ do Colectivo pola Renda Básica Universal e a presentación da concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández.

E isto é só o comezo. Durante o mes de xaneiro teremos máis conversas sobre municipalismo, feminismo e medio ambiente. Ven, fala, participa!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies