Compostela Aberta aposta por un “apoio crítico” ao Goberno Provincial respectando “o interese provincial e da cidade”

  • O DEPUTADO PROVINCIAL MANUEL DIOS FIXO HOXE BLANCE DO PRIMEIRO ANO DO MANDATO PROVINCIAL
  • DESTACOU A PARTICIPACIÓN DO CONCELLO NOS PLANS PROVINCIAIS, E A ACTITUDE RESPONSABLE DE COMPOSTELA ABERTA FRONTE AO GOBERNO PROVINCIAL, EN CONTRASTE CO PP LOCAL E DA DEPUTACIÓN

O voceiro provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, fixo hoxe balance do primeiro ano da Deputación coruñesa, resaltando o “apoio crítico” da formación ao Goberno presidido por González Formoso, con criterio de responsabilidade e “atendendo ao interese provincial e ao da cidade”.

Actuamos sempre con criterio propio, non condicionado máis que pola defensa do interese do ben común e de Compostela”, afirmou Manuel Dios. “A nosa actuación buscou sempre a vontade de acordo, e non de confrontación, aportando propostas en positivo”, algo que para o voceiro provincial supón “unha gran diferencia coa actitude da oposicióndo PP en Compostela e na provincia, que parece que ten como único obxectivo dilatar a acción no goberno”.

Así, lembrou que no anterior Pleno o grupo provincial popular que dirixe Agustín Hernández votou en contra dun modificativo de crédito que creaba partidas para o WOMEX ou a programación do Auditorio. “É un precedente moi grave, porque votar en contra dos fondos impide que os convenios e os programas se executen”. Ao respeto da polémica sobre este asunto, afirmou que “é fácil saber quen di a verdade, só hai que ver a acta do Pleno para ver que o voto do PP, neste modificativo que consignaba recursos para Compostela, foi negativo”.

Asegurar o financiamento que merece a capital de Galicia

Outro dos eixes prioritarios de Compostela Aberta foi o de “asegurar o nivel de compromiso económico que ao noso entender merece a cidade como capital de Galicia, algo que estamos a lograr”, nun momento en que o goberno provincial está a reducir as subvencións nominativas e a dirixir as achegas cara aos concellos máis pequenos. De novo, lembrou a recente aprobación de achegas para WOMEX e Auditorio por importe de 395.000 €.

Tamén destacou que o actual goberno municipal participou en todos os plans provinciais aos que tivo acceso, a diferenza do que sucedeu no anterior mandato, cando se deixou sen solicitar un millón de euros correspondentes ao Plan de Aforro e Investimento de 2015.

Alta coincidencia co Goberno nas votacións dos asuntos

Manuel Dios asistiu, durante este primeiro ano, a un total de 114 convocatorias provinciais, entre Plenos, comisións informativas, mesas de contratación e xuntas de portavoces, e o grupo provincial de Compostela Aberta participou como propoñente en 19 acordos institucionais e mocións, 8 delas por iniciativa propia ou sumando á Marea Atlántica. Estas iniciativas lograron, en tres ocasións, o consenso de todos os grupos da corporación, un feito que destacou o deputado compostelán.

Entre as mocións presentadas por Compostela Aberta, Manuel Dios destacou a que instaba á recuperación da memoria democrática represaliada durante o franquismo; dúas sobre a crise humanitaria das persoas refuxiadas; unha para promover a instalación de desfibriladores nos espazos deportivos da provincia; e a dirixida a promover a laicidade nos actos públicos da Deputación, que foi rexeitada polo voto en contra do PP e a abstención do PSOE.

Mencionou, de xeito especial, a iniciativa presentada por todos os grupos menos o Partido Popular, en apoio á Asociación de Vítimas do accidente do Alvia, “algo que sigue moi vixente”.

Para rematar, destacou o cumprimento do Código Ético de Compostela Aberta, que motivou a renuncia a todo agasallo obtido pola condición de cargo electo e que supuxera trato de favor, e a devolución das entradas obsequiadas para a final da Copa do Rei de Baloncesto ou para o partido de fútbol entre as selecións de Galicia e Venezuela.

Arquivado en:Deputación
Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

CA cuestiona os plans para a comarcalización do parque de bombeiros: “Volvemos á proposta de 2000, anulada polo Supremo”

Xan Duro critica que “Xunta, Deputación e Concello queiran atender a comarca só coas horas extras dos bombeiros do parque compostelán, ainda tendo 20 efectivos menos que hai dúas décadas”

Compostela Aberta insta á Deputación a sumarse á Marcha Europea polos Dereitos das Persoas Desprazadas PERSOAS DESPRAZADAS

A Deputación da Coruña aproba unha Declaración Institucional polo Día da Paz

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo