Compostela Aberta e a Marea Atlántica reclaman o cese dos ataques á autonomía local por parte do goberno do Estado

Os grupos provinciais de Compostela Aberta e da Marea Atlántica presentaron este mércores unha moción que será debatida no próximo pleno da Deputación Provincial da Coruña, e que ten como obxectivo “rexeitar o intento do Goberno do Estado de interferir na autonomía da administración municipal”. Así o explicaron en rolda de prensa os deputados de Compostela Aberta, Manuel Dios, e da Marea Atlántica, Daniel Díaz Grandío.

Na moción conxunta solicítase aos grupos políticos con representación no Parlamento estatal que, durante a tramitación do Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, deixen sen efecto o contido da Disposición Adicional Vixésimo Sétima, titulada “Limitacións á incorporación de persoal laboral ao sector público”. Tamén se insta á Federación Galega de Municipios e Provincias e á Federación Española de Municipios e Provincias a manifestárense en contra do mesmo texto.

Imposición ideolóxica contra as municipalizacións
Tal e como relataron Manuel Dios e Daniel Díaz, a Disposición Adicional 27 é “un ataque máis á autonomía local, un posicionamento a favor da empresa privada e contra os servizos públicos, e unha imposición ideolóxica da dereita  contra os concellos doutras cores políticas”. Os deputados de Compostela Aberta e Marea Atlántica lamentaron o intento do Goberno do PP de “impedir a remunicipalización de servizos públicos, tanto das que están en marcha como futuros procesos”, e nese sentido lembraron que “hai procesos de remunicipalización en Concellos de España gobernados por distintos partidos, como o municipio coruñés de Arteixo, cun alcalde popular que tamén é deputado provincial”.

Ademais, incidiron en que a Disposición Adicional 27 pode atentar directamente contra os plans da Deputación da Coruña “que está comprometida no proceso de reversión ao público do servizo de extinción de incendios, mesmo cun acordo coa Mesa Intersindical, e a entrada en vigor desa disposición faría case imposible a subrogación de todos os traballadores afectados. O PP terá que decidir con quen ten maior compromiso, se cos traballadores ou con Montoro”.

Para os deputados provinciais de Compostela Aberta e da Marea Atlántica “a verdadeira intención do PP con esta proposta non é máis que favorecer ás grandes empresas concesionarias, ás súas contas de resultados e aos seus accionistas, blindando o negocio dos servizos públicos locais despois de ter privatizado as empresas públicas estatais”.

Último ataque dunha longa lista
Compostela Aberta e Marea Atlántica lembraron a Disposición Adicional 27 é só “o último dunha longa lista de ataques aos concellos e as Deputacións por parte do Goberno do PP”. Nese sentido, lembraron os déficits en materia de persoal das administracións locais e provinciais “que impiden prestar servizos de calidade aos cidadáns mentres Xunta e Estado seguen abdicando as súas competencias nos concellos”. Tamén puxeron o acento na prohibición de investir o superávit, “mesmo cando os concellos son as únicas administracións que cumpren co obxectivo do déficit fixado polo Estado”.

 

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo