Compostela Aberta e Marea Atlántica din non ao vertedoiro de Lousame

Os grupos provinciais de Compostela Aberta e da Marea Atlántica defenderán no vindeiro pleno da Deputación, o 28 de outubro, unha moción conxunta contra a apertura dun vertedoiro de residuos industriais en Lousame, que danaría seriamente os intereses sociais, económicos e ambientais deste concello, das aldeas da contorna inmediata e da comarca.

As dúas plataformas cidadás instan á entidade provincial a rexeitar o proxecto “por carecer de garantías ambientais e non atender ás necesidades reais de Galicia” e a ofrecer axuda para facer un estudo sobre o impacto que o vertedoiro podería causar nas augas do río Vilaboa, entre outras medidas “para unha mellor defensa dos intereses dos concellos afectados”: Lousame, Rois, Noia e Brión.

O texto da moción, presentado na Xunta de Portavoces que se celebrou esta mañá, sinala na súa exposición de motivos que o futuro vertedoiro implicaría “soterrar os montes de Lousame, nun hábitat comunitario de interese prioritario situado ao pé do Lugar de Especial Interese Paisaxístico de Monte Culou e do trazado histórico do Camiño de Santiago Inglés pola Ría de Muros-Noia”. Metería baixo terra 770.000 toneladas de residuos industriais nun período de 10 anos.

O pleno do Concello de Lousame xa chegou, o 10 de outubro, a un acordo para rexeitar o vertedoiro promovido por Gestora de Residuos del Noroeste, S.L. E a través desta moción, Compostela Aberta e Marea Atlántica tentan que a Deputación Provincial se sume ás voces contrarias a este proxecto, que tamén contradí o Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (2016-2022).

Nin reválidas, nin LOMCE

Doutra banda, as plataformas cidadás da Coruña e Compostela acordaron unha segunda moción conxunta para debater no Pleno da Deputación, na que se insta á Xunta de Galicia a “eliminar a celebración de reválidas, conscientes das nefastas e lesivas consecuencias que supoñen, por seren un obstáculo para facer efectivo o dereito á educación universal, pública, galega, laica, coeducativa e gratuíta“.

Nesta iniciativa, tamén se lle pide á Xunta que lle reclame ao goberno galego a derrogación da LOMCE e a defender as competencias propias para defender o ensino público, galego e de calidade.

Novas
relacionadas

María Rozas: “O Goberno de Bugallo volve poñerse do lado de Viaqua fronte aos intereses da veciñanza”

A  concesionaria da auga está a remitirlle a veciños do rural sen contrato de saneamento elevadas facturas con carácter retroactivo e cun recargo por supostos delitos de fraude de vertedura

Compostela Aberta rexeitará no Pleno a proposta do Goberno para manter a xestión privada da auga

Xan Duro: “CA non será cómplice de Bugallo nunha decisión que adopta a cegas, sen informes comparativos serios, e ignorando á Comisión creada por mandato plenario”

Vertedoiro de Miramontes: CA urxe ás administracións a actuar para facer cumprir a sentenza firme do Supremo

Compostela Aberta reitera o seu apoio á Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes e insta a Bugallo a reclamarlle á Xunta o cese de actividade na canteira

Compostela Aberta insta á Xunta a “clausurar o vertedoiro de Miramontes e a impedir os novos enredos da empresa para incumprir os mandatos xudiciais”

O concelleiro Xan Duro lembra que a UTE leva máis de tres anos litixando e mantendo a circulación de vehículos pesados, a pesar do pronunciamento do Tribunal Supremo

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo