Compostela Aberta leva ao Parlamento a situación da familia desaloxada pola Xunta

Ante a gravidade de situación xerada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Xunta co desaloxo dunha familia compostelá en situación de exclusión social, a concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago, Concha Fernández, e o coordinador do grupo de traballo de PP.SS. de Compostela Aberta, Duarte Crestar, reuníronse no Parlamento de Galicia con representantes de En Marea, do PSdeG e do BNG.

Compostela Aberta leva ao Parlamento a situación da familia desaloxada pola Xunta

Concha Fernández explicou a situación desta familia e as graves consecuencias que este precedente pode ter en moitas outras situacións semellantes. Como xa dixemos anteriormente, a Xunta e o IGVS non poden comportarse como o peor dos bancos deixando a esta familia na rúa e agravando a situación na que se atopa sen darlle unha alternativa de realoxo. É obriga dos poderes públicos promover as condicións para facer efectivo o dereito a unha vivenda digna.

O caso desta familia é especialmente grave e complexo, con máis de 200 actuacións documentadas polo Concello no último ano e medio. Pero non é un caso único e marca un grave precedente. É imposible que familias nesta situación atopen vivenda no mercado libre e, por iso, Xunta e IGVS non poden escapar da súa responsabilidade e teñen a obriga de dotarse dun parque de vivendas suficiente, diverso e adecuado ás distintas características actuais..

No seguinte audio podes escoitar as declaracións de Concha Fernández despois de coñecerse o desafiuzamento.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo