Dende Compostela Aberta miramos con dor e preocupación cara a Barcelona, cidade irmá que sufriu este xoves o ataque da barbarie, do terrorismo e da intolerancia.

Nestas horas tristes e incertas, todo o noso cariño e a nosa solidariedade están coas vítimas, as súas familias e persoas achegadas. Tamén expresamos o noso recoñecemento aos servizos de emerxencia nestas horas difíciles.

A Rambla é lugar onde o pasado e o futuro de Barcelona se dan a man, un espazo de diálogo, de fraternidade e de intercambio cultural. Os embaixadores do medo e da intolerancia non poderán nunca con todo o que representa.

Barcelona, ao igual que Santiago, é cidade valente e de paz. Reafirmámonos nos valores da liberdade e da diversidade, unidas contra a barbarie e en defensa da Democracia.

Sumámonos e facemos chamamento a participar no minuto de silencio este venres ás 12h na Praza de Obradoiro e nas mostras de apoio ás vítimas convocadas polas institucións.

 

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies