Compostela Aberta mantería a alcadía e sería o dique de contención da dereita radical (Sondaxe)

É hora da responsabilidade, a Compostela que queremos máis ben o merece.


La Voz de Galicia publica este domingo unha sondaxe que mantén a Compostela Aberta na alcaldía e salvagarda das políticas transformadoras en Santiago. CA obtería 8 edís, empatada co PP -que sacaría o peor resultado da súa historia- e 3 por diante dun PSOE que con Sánchez Bugallo só aumentaría un concelleiro respecto a 2015. Esta enquisa tamén pronostica a preocupante aparición de VOX con 2 concelleiros.

Malia todos os ataques sufridos dende o comezo do mandato, Compostela Aberta consolídase como o único dique de contención posible ante a dereita radical encarnada pola alianza do PP de Pablo Casado/Agustín Hernández e VOX.

Pero dixémolo durante todo o mandato e decímolo agora a menos de 4 meses das eleccións: a única enquisa válida é a da rúa e ningunha sondaxe nin xornal variarán o rumbo encomendado polas veciñanza de Santiago hai catro anos.

Iso si, esta enquisa serve polo menos para constatar o fracaso das campañas de difamación, acoso e derribo emprendidas contra Martiño Noriega e o goberno e Compostela Aberta, tamén as impulsadas e amparadas polo xornal que hoxe publica a sondaxe. E para comprobalo só temos que repasar a cobertura de La Voz de Galicia das infamias e falsas acusacións de trato de favor sufridas esta semana.

Tampouco parece funcionar o seu intento de alimentar a burbulla da nostalxia con campañas promocionais do candidato socialista, Compostela demostra día a día que mira cara adiante e pasou páxina dese pasado pétreo que retratan edulcorado mentres ignoran e banalizan as conquistas dos últimos catro anos.

Chamada á responsabilidade da Esquerda

Máis alá da foto fixa que debuxa esta sondaxe, aproveitamos para chamar á responsabilidade ao  resto das forzas progresistas da cidade. A ninguén se lle debera escapar a preocupación polo avance da extrema dereita de VOX branqueada por un PP ultra cada vez máis radicalizado, tamén en Santiago.

Se en Santiago foi posible pasar páxina á negra etapa do PP foi porque os partidos entenderon que a veciñanza otorgou 16 dos 25 postos da Corporación a CA, PSOE e BNG. E máis alá das lóxicas diferenzas políticas, o díalogo franco e honesto permitiu levar a cabo políticas de cambio no eido social, ambiental, cultural, participativo ou de mantemento.

Todo isto mudou nos últimos meses, a medida que se aproximaba o horizonte electoral. Ao mesmo tempo que a dereita radical asoma de novo nas rúas e institucións, PSOE e BNG pasaron a priorizar intereses partidistas diante dos da cidadanía. O mellor exemplo, o rexeitamento duns orzamentos ambiciosos que seguían avanzando en política sociais, de emprego ou proxectos de cidade.

En maio xogarémonos máis que un modelo de cidade, tamén o modelo de democracia que queremos para Compostela. A escolla está entre consolidar o cambio honesto ou permitir que a cidade volva ás páxinas máis negras do seu pasado recente, catalizada ademais polas peores pantasmas da ultradereita.

Non o podemos permitir. Compostela non pode caer ante as políticas reaccionarias, xenófobas e intolerantes. E para iso, non hai mellor antídoto que seguir coas políticas sociais e transformadoras dos últimos catro anos. Nós temos claro o noso bando. Outros deberán decidir se manteñen a súa ambigüidade e seguen alimentando falacias.

Sabemos que quedan por diante tres meses moi duros ante adversarios sen escrúpulos que cruzarán todas as liñas vermellas da ética e da vergoña. Así o levan demostrando dende hai tempo. Sabemos ben dos intereses que hai en xogo, pero seguiremos traballando por unha cidade mellor.

É hora da responsabilidade, a Compostela que queremos máis ben o merece.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo