Compostela Aberta presenta moción para a retirada da Reforma da Lei Galega de Saúde

O pasado mes de agosto, o Goberno da Xunta de Galicia iniciou proceso de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008. A publicación do anteproxecto aberto a consultas públicas xa provocou as alarmas entre o sector sanitario, ao considerar, entre outras cuestión, que vai conlevar novos recortes e precarización do sistema público de Saúde.

Dende Compostela Aberta compartimos estas preocupacións, polo que no pleno do 16 de novembro presentamos moción solicitando a retirada do proxecto de reforma que perpetúa as Estruturas de Xestión Integrada e instando a restituir as xerencias de atención primaria e dotalas de medios e recursos.

Dende que no ano 2010 os centros de saúde pasaron a depender das xerencias hospitalarias produciuse unha enorme perda de poder e recursos no primeiro nivel de asistencia, tanto para os profesionais como para a cidadanía.

Igualmente, entre 2009 e 2015 reducíronse 641 prazas en Atención Primaria (un tercio do total) sobrepasando amplamente o cupo recomendado de pacentes por médico/a. Esta situación obriga a atender unha media de 40-50 pacientes por día, repercutindo negativamente na calidade da atención, colapasando as urxencias, e incrementando as listas de espera.

Ademais, o proxecto consolida o modelo privatizador de coñecemento xa posto en marcha coa creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

Aquí podes ler a moción de Compostela Aberta.

 

Arquivado en:hospitalsanidade
Novas
relacionadas

María Rozas: “No do aparcamento do Clínico, Bugallo e a Xunta do PP chegaron a un único acordo: non falar do problema ata despois das eleccións”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o alcalde fale agora de “traballo conxunto para adoptar unha decisión sobre o parking, cando a Xunta anuncia un estudo de mobilidade que o propio Bugallo consideraba innecesario ata hai uns días”

María Rozas: “Esixímoslle a Bugallo e á Xunta solucións inmediatas para o aparcamento do CHUS”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta “a febleza mostrada polo alcalde, que pasou de asumir que non habería novo parking no Clínico a defender a postura de CA que inicialmente rexeitaba”

Jorge Duarte: “Bugallo debe esixirlle á Xunta a construción do aparcamento do Clínico, pero antes tén que facer os seus deberes”

Jorge Duarte: “Bugallo debe poñerse a traballar coa Xunta para solucionar as eivas de aparcamento no CHUS”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo