La Voz de Galicia publicou o pasado domingo unha sondaxe na que Compostela Aberta sería, novamente, a lista máis votada nunhas eleccións municipais en Santiago. É a segunda enquisa en poucos días, despois da publicada polo quincenal STGO, que mantén a Compostela Aberta como primeira escolla da veciñanza.

Compostela Aberta volvería gañar eleccións en Santiago

Compostela Aberta chegou hai 3 anos para quedar e consolidar un espazo político alternativo e transformador na capital de Galicia. Ademais, a unidade popular en Santiago conta, con diferenza, co cargo público máis valorado na figura do alcalde Martiño Noriega, que contrasta co último lugar do candidato do Partido Popular, Agustín Hernández.

Martiño Noriega, líder mellor valorado en Compostela

Pero aínda que volvamos caer no tópico, ningunha sondaxe nos vai apartar do noso obxectivo. Queda por diante un ano de traballo duro para seguir revivindo e impulsando os latexos dunha Compostela Viva. Unha capital centrada nos coidados e no social, no mantemento de rúas e viais, no reequilibrio territorial, na dinamización cultural, no medio ambiente ou na recuperación de espazos físicos e simbólicos para a veciñanza.

O que conta, de verdade, será o que a cidadanía elixa o próximo ano. As enquisas só teñen validez para medir tendencias e non desviarnos do obxectivo de facer de Santiago unha cidade máis aberta e que se afai á súa veciñanza. Mantendo o compromiso e a responsabilidade de seguir avanzando en común na Compostela que facemos entre todas e todos, a Compostela que queremos máis.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies