Compostela presentou hoxe xunto a representantes da Coruña, Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Córdoba e Cádiz alegacións o proxecto de real decreto do Ministerio de Enerxía que regula o bono social eléctrico e a figura do “consumidor vulnerable”.

Este proxecto é unha medida puramente cosmética do Partido Popular que non só deixa desprotexidas ás persoas e familias máis vulnerables se non que por riba beneficia a quen non o necesita, tal como puxo de manifesto entre outros a concelleira de Políticas Sociais de Compostela Aberta  Concha Fernández nun acto no concello de Barcelona.

Os oito concellos presentaron esta mañá unha serie de alegacións ante o que se considera garantía insuficiente para evitar os cortes do subministro e que só protexe a unha minoría da poboación vulnerable, tanto polos criterios establecidos e o funcionamento e cobertura económica do bono.

Ademais o real decreto do PP privilexia ás grandes empresas enerxéticas vetando ás pequenas comercializadoras. De feito, deixa na práctica en mans das empresas eléctricas a decisión de quen está ou non en risco de exclusión.

Por riba, trátase doutro ataque máis á autonomía local invadindo competencias e solapando e sobrecargando os recursos e plantillas dos concellos, institucións que como lembrou Concha Fernández son máis cercanas ás problemáticas e realidade da xente e teñen en moita ocasión regulacións máis garantistas.

Por iso as oito cidades piden modificacións radicais no proxecto e traballar nun cambio do modelo e da regulación enerxética que priorice a garantía de acceso aos servizos básicos da cidadanía antes que os beneficios económicos das empresas. Por dignidade, xustiza e respeto.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies