Compostela segue pagando as facturas da nefasta política ambiental do PP

Vertedoiro de Arins Conde Roa

Este martes, La Voz de Galicia publica que a Xunta multa ao Concello de Santiago polo vertedoiro de Aríns, clausurada, pero non selada no 2011, durante o goberno de Conde Roa.

Unha vez máis, o Goberno de Compostela Aberta e toda a veciñanza de Santiago teñen que asumir a factura da nefasta política ambiental do goberno do PP de Conde Roa e do ex conselleiro de medio ambiente Agustín Hernández.

Vertedoiro de Arins Conde Roa

Non parece tampouco casual que isto chegue nun momento no que a cidadanía estea mobilizándose en toda Galicia pola política medioambiental da Xunta seguida en MIramontes, Teo ou pola megamina de Touro-O Pino.

Precisamente Martiño Noriega falaba hai uns días da nefasta política autonómica que promove reactivar antigos proxectos mineiros como o de Touro-O Pino ou esconder en supostas plantas de tecnosolos como a de Miramontes verquidos que incumpren a normativa, tal como está sacando á luz a mobilización veciñal na Grixoa.

Isto que acontece agora en Miramonte pode aconcetecer en Teo ou noutros sitios como Sobrado. Hai no país unha política autonómica que pasa por vender como recuperación ambiental de zonas que foron antigas explotacións o que acaban sendo vertedoiros para gardar debaixo da alfombra o lixo que ninguén quere na súa casa.

Por iso nos sumamos ás reivindicacións veciñais contra a pranta de Miramontes ou a manifestación prevista para o próximo domingo contra a megamina de Touro-O Pino. Non podemos converter o país no vertedoiro do Estado nin reactivar accións mineiras que forman parte dun pasado máis propio de épocas coloniais.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo