Compostela Aberta facilita a aprobación dos orzamentos da Deputación como exercicio de responsabilidade

Compostela Aberta facilitou co seu voto favorable a aprobación das contas da Deputación da Coruña como exercicio de responsabilidade.

Trátase dun apoio crítico e responsable no último exercicio deste mandato, primando o interese provincial e da cidade malia as carencias significativas destes orzamentos e o incumprimento de compromisos adquiridos nas anteriores contas.

Dende Compostela Aberta seguiremos vixiantes para que se cumpran os acordos adoptados pola Deputación como a senda peonil de Figueiras -esixida por CA dende 2015- ou o programa para dotar aos centros deportivos de equipos de desfibrilación semi-automática. A posta en marcha desta actuación demandada polo noso grupo provincial está prevista para 2019, con tres anos de retraso dende a adopción e aprobación do acordo en Pleno.

“Exercicio de responsabilidade”
Como manifestou o deputado provincial de CA, Manuel Dios, a facilitación das contas da Deputación Provincial faise como “exercicio de responsabilidade” no último ano deste mandato, primando os intereses da cidade e da provincia e sen deixar que interfiran cuestións electoralistas que si parecen estar presentes por parte doutros partidos no ámbito municipal.

Así, é preciso lembrar que mentres PSOE ou BNG, que compoñen o goberno da deputación, fan cuestión a nivel local da execución orzamentaria, o ente provincial levaba executado no mes de setembro o 9,29% do previsto para investimentos ou un 25,25% do orzamento total. Aínda así, dende CA enténdese que malia a que as contas conteñen “carencias significativas” e que é preciso manterse escépticos dado incumprimentos pasados, a situación sería moito máis negativa no caso de que a Deputación tivese que traballar cun orzamento prorrogado.

Compostela Aberta mantén dende a súa fundación unha posición crítica coa existencia das deputacións provinciais. Pero estas existen e seguirán existindo ata que se mude o actual ordenamento xurídico, polo que seguimos firmen na nosa aposta por un modelo diferente, aloxada das prácticas caciquís e clientelares que marcaron o ente provincial nas últimas décadas.

Por iso seguiremos traballando para dende a nosa situación por unha maior transparencia, participación e racionalidade competencial.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo