Seguindo o mandato asembleario recollido no documento “Proposta de Compostela Aberta para relanzar o espazo político galego da unidade popular“, a Coordenadora de Compostela Aberta comezou nesta semana unha rolda de conversas bilaterais cos partidos e organizacións.

Para esta primeira rolda de contacto envióuselle, o xoves 12 de xullo, o documento aprobado na nosa asemblea acompañado dun convite a ter unha primeira reunión bilateral a Esquerda Unida, Podemos, Anova, Ferrol en Común, Marea Atlántica e En Marea.

Até o momento xa mantivemos as reunións con Esquerda Unida, Podemos, Anova e Ferrol en Común alén de receber resposta da Marea Atlántica na que se partilla a nosa diagnose sobre o estado do espazo e se nos informa de que tratarán a nosa proposta na súa Rede, que celebrarán o vindeiro 26 de xullo. Non recebemos até o momento resposta ao noso correo de convite por parte de En Marea.

A intención da Coordenadora de Compostela Aberta é a de convocar unha primeira reunión multilateral a finais deste mes de xullo, o día 30 ou 31, para avanzar na constitución da Mesa da Confluencia.

A Coordenadora de Compostela Aberta
19 de xullo de 2018

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies