Compostela Aberta traslada a súa preocupación polo desaloxo do Centro Social de Escárnio e Maldizer, na Algalia. Un desaloxo que non avalamos por entender que non é o xeito adecuado de proceder por parte das institucións públicas, neste caso da xudicatura e dos corpos de seguridade do Estado.

O centro da Algalia non presenta ningún problema nin de convivencia nin de seguridade. Ben ao contrario, dota de actividade cultural a un edificio histórico e emblemático da cidade vella. Dende Compostela Aberta sempre defendimos e defenderemos o recoñecemento das manifestacións culturais de iniciativa popular, como é o caso dos centros sociais ocupados, que optan por funcionar à marxe das institucións.

É por iso que dende Compostela Aberta queremos transmitir o noso rexeitamento ante o uso da forza e reivindicar o diálogo e a convivencia como a única forma de solucionar os eventuais conflitos que poidan xurdir nestas situacións.

MÁIS INFO: ‘ESCÁRNIO E MALDIZER: SEN EXCUSAS PARA A VIOLENCIA’

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies