O Concello de Santiago senta os Franco no xulgado: un xuízo polo patrimonio, a memoria e a dignidade

O Goberno de Compostela Aberta vén de demandar pola vía civil á familia de Franco, para que devolva as figuras de Abraham e Isaac que o Mestre Mateo esculpiu no século XII para formaren parte do Pórtico da Gloria

Este venres 1 de febreiro celébrase en Madrid o xuízo polas estatuas do Mestre Mateo roubadas polos Franco. Un xuízo pola recuperación do patrimonio, da memoria e da dignidade que sitúa a Compostela como pioneira nun camiño que marcará precedente para a restitución do patrimonio espoliado durante a ditadura fascista. Deixámosvos a continuación o artigo publicado hai uns meses no Viso sobre a recuperación de Abraham e Isaac:


“A familia Franco, demandada ante a Xustiza para que devolva o que lexítimamente non é seu”. Non é un titular habitual, e non porque os herdeiros do ditador non manteñan no seu poder bens que deberan seguir sendo doutros. Ata agora.

O Goberno de Compostela Aberta vén de demandar pola vía civil á familia de Franco, para que devolva as figuras de Abraham e Isaac que o Mestre Mateo esculpiu no século XII para formaren parte do Pórtico da Gloria. Dúas pezas retiradas do conxunto catedralicio

durante as reformas ás que foi sometida a fachada do Obradoiro, que pasaron a mans do Conde de Ximonde, e que o Concello de Santiago adquiriu en 1948 por 60.000 pesetas.

Unha compra acreditada cun documento notarial, localizado durante os traballos impulsados polo Goberno para recuperar as pezas.

Do que segue sen haber rastro é dalgún documento que xustifique o motivo polo que Abraham e Isaac están nas mans da familia do ditador, por que son “os últimos presos de Franco”, como tan acertadamente sinalou o programa de televisión “El Intermedio” poñendo este caso na axenda pública estatal.

Non hai ningún papel, pero si hai información orais fiables que apuntan a que foi a muller de Franco, Carmen Polo, quen se “namorou” das dúas figuras cando as viu no Pazo de Raxoi nunha visita durante o Ano Santo de 1954. E claro, o entón alcalde quixo ter o xesto de enviarllas á súa residencia de verán do Pazo de Meirás. O xesto agradable de quen tiña que estar absolutamente subordinado á autoridade do ditador.

Obras de dominio público
Aínda que a familia Franco non respondeu ao requirimento que lle foi enviado polo Concello antes da demanda xudicial, todo apunta a que o seu argumento de defensa será que as esculturas foron un agasallo E que, en todo caso, o asunto está prescrito. Pero a Asesoría Xurídica municipal teno claro, e así o recolle nos seus informes: Abraham e Isaac son bens de Dominio público e, polo tanto, non se podenceder, nin vender, nin doar a particulares ou a empresas. Nin atendendo á actual lexislación nin á que estaba vixente desde a República e durante a ditadura. E por ese mesmo motivo, estímase que non se pode alegar prescrición dos feitos.

A demanda civil, moi ben argumentada e documentada, terá aínda un prazo longo de tramitación. E non se pode asegurar que o caso vaia quedar resolto en primeira instancia. A batalla xudicial será previsiblemente longa, pero o Goberno de Compostela Aberta non descansará no seu empeño de recuperar as pezas para o patrimonio público da cidadanía.

Para que Abraham e Isaac fiquen no Museo da Catedral de Santiago, o seu espazo natural, como símbolos da recuperación da dignidade fronte ao saqueo franquista que aínda perdura.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo