O deputado Provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios participou este martes na Comisión informativa de Cooperación, Plans Provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico onde se aprobou por unanimidade o convenio de colaboración entre as dúas administracións. O seguinte paso será levar este convenio ao vindeiro pleno da Deputación.

Coa aprobación do convenio comezará a necesaria rehabilitación do edificio para o que se prevé un futuro uso sociocultural do que poderá desfrutar toda a veciñanza.

Valor patrimonial e histórico
A Casa das Máquinas é un edifico singular polo valor patrimonial que supón para o Concello de Santiago. Foi construída en 1919 e deseñada polo arquitecto compostelán Xesús López de Rego. Encóntrase catalogado patrimonialmente debido as súas características tipolóxicas e compositivas de especial significación arquitectónica e ambiental. Trátase por tanto dun notable exemplo de arquitectura industrial da cidade que ven a completar os recursos de patrimonio cos que contamos no concello das diferentes épocas históricas.

A Casa das Máquinas é sen dúbida un ben patrimonial de toda a cidadanía de Compostela e supón parte da herdanza común da nosa sociedade, pero ademáis é unha oportunidade para o desenvolvemento. Falamos dun elemento patrimonial con estreito vínculo co mundo cultural da cidade e coa nosa memoria colectiva.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies