Despois do 25N, o 26N. Seguimos en loita #ContraAsViolencias

Un ano máis, Compostela clama ‘En negro #ContraAsViolencias machistas’.

Arredor de 3.000 comercios e colectivos sociais, máis de 80 concellos, 3 deputacións e colexios e institutos de toda Galicia implicáronse nunha campaña que se ben naceu no 2015 impulsada polo goberno de Compostela Aberta, dous anos despois xa desborda por completo os límites das institucións nun ‘tsunami’ que implica a toda a veciñanza.

Un ano máis, vemos que este é o motivo do seu éxito, porque por riba de diferenzas e cores, por riba dos irresponsables relatos de parte que algúns teiman en colocar sen éxito na axenda, a campaña non é dun Concello nin dun goberno, é da xente que a fai súa, que tece rede e se expresa e posiciona fronte a barbarie machista, pola igualdade real e o feminismo.

Sentimos orgullo de cidade e de país vendo a mobilización destes días. Pero despois do #25N, chega o #26N. A loita #ContraAsViolencias non pode ser, nin será, flor dunha semana. Seguiremos mobilizados contra as actitudes machistas, a falta de recursos na persecución da violencia de xénero, a culpabilización das vítimas, os silencios cómplices ou a desidia institucional para colocar este tema onde corresponde, como unha máxima prioridade social e política, unha cuestión de Estado que precisa da fraternidade e da colaboración de todas e todos.

E hoxe queremos agradecer de forma moi especial o traballo e enorme esforzo de Marta Lois, Natalia Paleo, Lucia Canoura, Uqui Permui e a tanta e tanta xente que fixo posible que Compostela e Galicia se tinguinsen de negro #ContraAsViolencias.

 

Compostela En Negro 2017

Novas
relacionadas

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

“Non hai nada que aguantar”: CA súmase ao 25N cunha campaña que reivindica ás mulleres do rural “empoderadas fronte ás violencias machistas”

O lema é unha mensaxe que xurdiu nos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural impulsados no pasado mandato

Marta Lois: “O Goberno leva todo o mandato incumprindo os seus compromisos en materia de Igualdade”

Compostela Aberta pide a colocación dunha placa de homenaxe ás vítimas da violencia machista na Praza 8 de marzo

Marta Lois lamenta que o Concello teña sen actualizar os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, e que siga sen desenvolver o novo Plan de Igualdade

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo