Elección dos Órganos de Compostela Aberta. Candidaturas 2018

A continuación presentámosvos ás persoas candidatas aos órganos de Compostela Aberta. A orde de presentación na web responde á orde alfabética de primeiro apelido comezando na letra “G”, letra resultante do sorteo da Xunta de Galicia para selección de persoal para o ano 2018, DOG 26/1/2018.

COORDINADORA

Raquel López

Raquel López Noia

Preséntome de novo á Coordinadora de Compostela Aberta para seguir traballando polo Patrimonio Cultural desta Cidade, deste Concello e para toda a Cidadanía.

 

Antonio Pérez Casas

Antonio Pérez Casas

Son veciño do Barrio de San Pedro e alí participo no movemento asociativo; traballo na USC e son membro do Claustro e Consello de Goberno en representación do PAS.
No eido político, teño experiencia sobre todo nas áreas de organización e finanzas; participei no comités de campaña de CA nas municipais, e na campaña de En Marea nas xerais e autonómicas.
Participo no grupo de traballo de CA de Economía, fun membro da segunda coordinadora de CA coa responsabilidade compartida de organización.

Francisco Manuel Prieto Magdalena

Nos máis de 20 anos que levo en política, e especialmente nestes últimos en CA, teño participado en numerosos procesos electorais.
Penso que isto, xunto coa miña formación estatística, me permitiría aportar experiencia e solvencia neste importante ano preelectoral.
Por iso quixera formar parte da nova coordinadora, que agardo sexa diversa e plural, e na que impere o sentido da responsabilidade
Dende ela espero poder axudar a consolidar este espazo de unidade popular.

 

(Nome eliminado por solicitude do interesado)

 

Fernando Rei

Sen máis afiliación política que Compostela Aberta, Fernando Rei presenta a súa candidatura á coordinadora para continuar co traballo comezado na presentación pública de CA en Outubro de 2014 na praza do Obradoiro. Implicación que continuou ao acceder á coordinación do GdT de educación no 2016, asemade ca colaboración co de Cultura e máis adiante no de medio ambiente. Nas anteriores eleccións (2017) entrou a formar parte da comisión de mediación e garantías. Fernando Rei é veciño do barrio de Sta. Marta. Mestre de trompeta e secretario do Conservatorio. Profesional de Música de Compostela. Delegado sindical do STEG no eido educativo.. Quen vote por Fernando Rei nestas eleccións á coordinadora, votará pola unión e a cooperación, pola radicalidade democrática que outorgan as listas abertas e polos principios fundacionais de CA.

 

Iolanda Rei

Teño 45 anos e levo máis da metade da miña vida vivindo en Compostela. Son enfermeira e traballo no CHUS. Veño participando en Compostela Aberta prácticamente desde que se creou este proxecto colectivo. Sigo absolutamente convencida de que a única alternativa á dereita pasa pola unidade popular e síntome orgullosa de formar parte dun espazo que, probablemente, é o que mellor a representa. Penso que os grandes  obxectivos da coordinadora neste ano decisivo teñen que ser pór a organización nas mellores condicións para afrontar as próximas eleccións municipais e apoiar o traballo do grupo municipal.

 

André Seoane

Som André Seoane Antelo, tenho 39 anos, trabalho como conserje numha instalaçom desportiva municipal na que também som delegado sindical e levo toda a minha vida vivendo na cidade em que nascim, implicado desde novo no seu tecido associativo. Exercim a responsabilidade de comunicaçom no último mandato da coordenadora e volto candidatar-me para trabalhar no próximo ano com a intençom de pôr todas as minhas energias no objectivo de ajudar a revalidar o governo municipal.

 

Antía Soto González

Levo vivindo en Compostela toda a miña vida. Participei activamente no proxecto de Compostela Aberta desde o principio, formando parte das anteriores coordenadoras. Aposto por unha equipa de traballo cohesionada e comprometida, e por unha política diferente, baseada no principio de democracia participativa, a cal require dun modelo de cidade alternativo, que faga da sustentibilidade social e medioambiental un dos seus sinais de identidade, que se enfronte á especulación e que defensa servicios públicos de calidade como garantia de igualdade.

 

Myriam Vidal Tomé

Creo que outro xeito de facer política é posible e Compostela Aberta  está a demostralo cada día coa súa acción de goberno.
Por iso presento a miña candidatura, para poder contribuir a que CA logre un segundo mandato. Porque esta cidade merece seguir sendo gobernada dende abaixo cara arriba, dende os barrios e as parroquias, dende a solidaridade e o feminismo e priorizando o común,  para así acadar un concello onde todxs nos sintamos representadxs.

 

María José Bóveda Fernández

Berciana de nacemento vivo en Compostela dende 1987. Son licenciada en prehistoria e arqueoloxía e teño o grado medio de piano. Realicei os meus cursos de doutoramento no departamento de Historia I da USC, onde tamén fun bolseira de diversos proxectos, realizando estadías noutras universidades e centros en investigación europeos. Traballo na arqueoloxía profesional dende o ano 1998.
Considérome unha muller feminista e politicamente comprometida, formei parte da segunda coordinadora de Compostela Aberta.

 

Francisco Caamaño López

Actualmente, militante, voluntario, apoderado a participamdo en camto actos do partido poida dado a miña situacion. Dando conta de min a actual coordinadora participando dende os seus inicios ata o día de hoxe presentamdo a miña candidatura en varias iniciativas do partido, considerome un firme defensor dos dereitos de cada persoa así como a sua xusta defensa. Sen máis, pido un oportunidade para demostrar a miña valía na que penso esforzarme e non defraudar. Un saúdo e a gañar tod@s.

 

Duarte Crestar Pena

Desde que cheguei a Compostela polo barrio de San Pedro, botando semente do que é o seu movemento asociativo actual. Transitei pola insubmisión e por algunha outra cousa. Despois dun tempo observando, asistín a unha asemblea de Compostela Aberta e recuperei a ilusión dun proxecto de cambio con opcións de facer cambios. E metinme canto puiden. Axudo no GdT de Políticas Sociais. Continúo coa mesma ilusión. Preséntome agora coa ambición de contribuír a que o ano que temos por diante asegure frutífera vida para este proxecto de cambio que estamos facendo entre todxs nós.

 

David Doménech Labandeira

Teño 38 anos e son nado en Compostela, onde crecín e vivo. A Coordinadora deste ano ten que continuar o traballo anterior, e ademáis debe xerar un Programa Electoral, organizar unhas primarias de cara a formar una candidatura e colaborar na Campaña. Este será un traballo conxunto de tódalas que colaboramos en CA, e debe levarnos a mellorar os máis de 16.300 votos que recibimos en 2015. Penso que podo aportar de cara a estes obxectivos. Pido o voso apoio e confianza.

 

COMISIÓN DE MEDIACIÓN E GARANTÍAS

Ao terse presentado tantas persoas como postos na comisión e cumprindo a paridade, as persoas candidatas quedarían automaticamente elixidas. Presentámosvolas a continuación:

Noa Morales Sánchez

Son Noa, teño 33 anos e son Concelleira de Compostela Aberta onde aposto por unha política diferente, baseada no principio de democracia participativa, a cal require dun modelo de cidade alternativo, que faga da sustentibilidade social e medioambiental un dos seus sinais de identidade, que se enfronte á especulación e que defensa servicios públicos de calidade como garantia de igualdade.

 

Alexandra Pacheco González

Vin nacer Compostela Aberta, e sempre estarei alí onde haxa que remar do #Eu cara ao #Nós. Penso que este ano que queda por diante ata as vindeiras eleccións locais son fundamentais para consolidar CA e seguir sumando xente e pluralidade ao proxecto. Con esa vontade me candidato á Comisión de Mediación e Garantías e tamén co desexo de que non sexa necesario convocar esta comisión porque iso significará que camiñamos da man e con xenerosidade polo camiño que nos trouxo ata aquí. De nós depende… Avante!

 

Cibrán Santamaría Ríos

Candidátome porque penso que podo contribuír a facer posible unha CA mellor. Plural e ecuánime, primando os valores de democracia, debate, compañeirismo e acordo.

 

Bieito Cambeiro

22 anos. Graduado en Dereito pola USC. Realizando estudos de Master de Marketing, Consultoría e Comunicación Política.
Defensor da Xustiza Social, ofrézome para axudar na Comisión de Mediación e Garantías porque considero que podo aportar á Comisión unha visión técnica e para traballar por superar os conflitos do xeito máis xusto posible.

Novas
relacionadas

CA pide explicacións pola falta de mantemento do ascensor de Triacastela

A veciñanza vén denunciando a falta de mantemento e limpeza do ascensor ao longo de todo o mandato

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

CA reclama unha actuación de mellora integral nos Pexigos

María Rozas solicita a redacción dun proxecto de reurbanización e, a curto prazo, que o tráfico por estas rúas quede limitado a residentes

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo