En Marea pedirá 14 millóns de euros máis para Santiago nas súas emendas aos orzamentos da Xunta

María Rozas reiterou que “os orzamentos da Xunta son claramente insuficientes no que ten que ver con Santiago, e volven ignorar demandas históricas da capital do país”.

O grupo parlamentario de En Marea presentará emendas aos orzamentos da Xunta para 2019 nas que pedirá un incremento de máis de 14 millóns de euros nas partidas destinadas a Santiago. As deputadas Luca Chao e Flora Miranda, o deputado Antón Sánchez, e a tenente de alcalde de Compostela, María Rozas, presentaron hoxe as propostas “que reiteran vellas demandas como o incremento da partida da Capitalidade e a achega ao Consorcio, e incorporan novas peticións, fundamentalmente en materia social”.

María Rozas reiterou que “os orzamentos da Xunta son claramente insuficientes no que ten que ver con Santiago, e volven ignorar demandas históricas da capital do país”. Entre elas, a tenenta de alcalde citou o incremento da partida da Capitalidade, que se mantivo en 2,3 millóns de euros “cando estudos do ano 2008 cifraban xa en 5,5 millóns de euros o custo que lle supón a Santiago exercer de capital da comunidade”. Tamén reclamou o aumento da achega que a Xunta fai ao Consorcio “que debera subir ata os 6,5 millóns de euros cando se achega o Xacobeo de 2021, unha cita na que o organismo interadministrativo debe adquirir unha especial relevancia”.

Equipamentos públicos e políticas sociais
Nas emendas que En Marea presentará aos orzamentos da Xunta no que tén que ver con Santiago tamén se reclama “que o presidente Feijóo cumpra a súa palabra e incorpore ás contas unha partida para a execución da Cidade da Raqueta, que estimamos en 400.000 euros”. Tamén se manteñen peticións de anos anteriores e non atendidas como a ampliación do Conservatorio de Música (200.000 euros), a construción da nova Escola Oficial de Idiomas (500.000 euros) ou o centro de saúde de Conxo (2.000.000 de euros).

En Marea tamén solicitará que se inclúa nos orzamentos, cunha partida de dous millóns de euros, o novo aparcamento do CHUS, nunha parcela próxima ao CITIUS que o Concello xa ten ofrecida á Xunta. A deputada Flora Miranda incidiu en que “o hospital de Santiago non é na actualidade accesible para as 400.000 persoas que residen nunha área sanitaria moi ampla, que vai desde Muros ata Valga”. Garantir o acceso ao CHUS forma parte da resolución dos problemas de saúde das persoas, porque todo forma parte dun concepto integral da saúde”.

En materia de políticas sociais, as emendas de En Marea tamén recollen demandas que vén formulando o Goberno local de Compostela Aberta para a creación dun parque de vivendas do IGVS para persoas sen fogar (500.000 euros), a construción dun Centro de Día para Menores (500.000 euros) ou para a creación dun recurso habitacional para as mulleres vítimas da violencia machista (500.000 euros). Por último, o grupo parlamentario reclamará unha partida de 500.000 euros, “para dotar de contido ao acordo para a reindustrialización empresarial asinado en xaneiro de 2017 entre o Cocnello, o IGVS, o IGAPE, a Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio e a Área Empresarial do Tambre”.

Orzamentos propagandísticos
A deputada Luca Chao explicou que “En Marea vén mantendo xuntanzas por diferentes concellos galegos, que constatan que os orzamentos da Xunta para 2019 son insuficientes, continuistas, neoliberais e propagandísticos”. Nesa liña, insistiu en que “as contas presentadas por Alberto Núñez Feijóo nin serven para mellorar a vida das persoas nin son as contas da recuperación económica, porque únicamente entenden o crecemento como o reparto das miserias”.

Podes consultar aquí o documento coas  Emendas orzamentos Xunta

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo