Estamos a tempo para a depuradora que Compostela se merece: comparativa de proxectos

O alcalde Martiño Noriega e o concelleiro de Medio Ambiente Xan Duro presentarán este luns a ACUAES e a Augas de Galicia a proposta alternativa de Compostela Aberta para a depuradora.

Fronte ao proxecto da EDAR proxectada no Souto, a proposta de CA e avalada por expertos da USC pasa por ampliar a capacidade da actual depuradora da Silvouta cunha tecnoloxía máis moderna, barata, eficiente e con moito menor impacto ambiental. A comparativa que podedes ver é contundente e non deixa lugar a dúbidas.

A solución para o grave problema ambiental que dende hai décadas supón a depuradora do Sar pasa polo entendemento e a responsabilidade de todas as institucións implicadas: Concello, Augas de Galicia (Xunta) e ACUAES (Ministerio de Medio Ambiente). O goberno de Compostela Aberta herdou en 2015 un proxecto nunha ubicación que non nos gustaba pero para a cal tentamos introducir melloras tecnolóxicas que reduciran o seu impacto e unhas mellores condicións económicas que redundaran nun trato máis xusto para Compostela respecto ao que se lle aplicou a outras cidades. Non foi posible, e a isto sumóuselle a inseguridade xurídica derivada de diversos recursos contra o proxecto do Souto.

Todo isto levou a Compostela Aberta a rexeitar o convenio para a EDAR no Souto, que tampouco foi apoiado por ningún outro grupo do Pleno. E ao día seguinte, presentamos unha proposta alternativa que pon luz onde ata hai pouco só se presentaban problemas ambientais, económicos e xurídicos.

Santiago está a tempo de ter unha depuradora moderna, e con menor impacto económico e ambiental para a cidade e tamén de salvar os fondos europeos para a súa construción. Pero para levala a cabo é necesario que todas as institucións implicadas actúen con responsabilidade e priorizando o ben da veciñanza sobre os intereses partidarios. Estamos a tempo de solucionar un gravísimo problema ambiental que dura demasiadas décadas.

Máis información na web do Concello: “O Goberno presenta unha proposta alternativa para a construción da nova EDAR
Vídeo (a partir do minuto 22): https://youtu.be/ZEbQ7qyvX1s?t=22m1s

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo