Comezamos a campaña ‘MOVÁMONOS polo Santiago que queremos”

  • Á veciñanza de Compostela gústalle que Santiago sexa: capital, galega, picheleira, alegre, dinámica, acolledora, sustentábel e participativa.
  • Fronte ao dinamismo social, o Concello aparece sistematicamente como un empezo, como un impedimento, como un estorbo.
  • A nosa sempre foi unha cidade acolledora, punto de encontro e lugar que moitas e moitos composteláns escolleron como a súa cidade para viviren.
  • A Compostela que queremos tamén ten que exercer como grande capital de Galiza, ten que voltar ser cidade referente, motor dunha grande área metropolitana

compostelaabertaAZULA candidatura de unidade popular Compostela Aberta desenvolverá esta semana unha campaña centrada na necesidade de a cidadanía se mover para conseguir o Santiago que nos gusta, a través dunha imaxe que salienta as características da Compostela que desexamos, da Compostela construída desde o tecido asociativo e a sociedade civil. Á veciñanza de Compostela gústalle que Santiago sexa: capital, galega, picheleira, alegre, dinámica, acolledora, sustentábel e participativa. É por iso que o tema central da campaña fica resumido no apelo colectivo: “Movámonos polo Santiago que queremos”.
Compostela é unha cidade de enorme vitalidade, na que as iniciativas e propostas que parten da sociedade son constantes. Fronte a este dinamismo, temos un Concello e un goberno que actúa sistematicamente como un estorbo. Ás veces por non exercer como dinamizador e outras, mesmo, por colocar todos os impedimentos e obstáculos legais. Un goberno local que non sabe xestionar, que só procura o titular fácil, que non atende as necesidades e demandas veciñais. Posuímos variados exemplos disto: a problemática da música ao vivo na cidade vella, a parálise de todo o barrio de Conxo por causa das obras, a falta de manutención das dotacións en case todos os barrios, o abandono do rural e das infraestruturas xa construídas -como a rede de CSC- que apodrecen…, apenas son algúns dos exemplos.
Punto de encontro e grande capital galega.
A nosa sempre foi unha cidade acolledora, punto de encontro e lugar que moitas e moitos composteláns escolleron como a súa cidade para viviren. Un Santiago alegre, orgulloso dos seus barrios e parroquias, orgulloso de todo o que é tecido en cada recuncho do municipio. Plural e fillo dunha mestizaxe que nos ten situado como unha das áreas máis dinámicas de todo o país.
A Compostela que queremos ten tamén que exercer como grande capital de Galiza, ten que voltar a ser cidade referente, motor dunha grande área metropolitana na que temos que construír novos mecanismos para adecuarmos a administración local á realidade. Santiago, Ames e Teo teñen que camiñar xuntamente. A nosa área metropolitana é a terceira do país e un eixo central para articular o territorio galego.
A partir do 24 de maio temos unha grande oportunidade para conseguirmos este Santiago que queremos, entre todas e todos, é por iso que Compostela Aberta lanza este apelo a movérmonos e construírmos colectivamente a alternativa.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo