Grupo Municipal

En maio de 2015 Compostela Aberta gaña as eleccións municipais en Santiago. Obtivo a maioría simple e acadou dez concellarías. Un grupo municipal que co seu esforzo e traballo diario contribúe a facer a Compostela que queremos máis.

Martiño Noriega Sánchez

Martiño Noriega Sánchez

Alcalde. Voceiro da Xunta de Goberno Local.

Alcalde. Voceiro da Xunta de Goberno Local. Competencias directas en Lingua, Comunicación, Protocolo, Relacións Institucionais e Parque Móbil.

Teño 43 anos e son pai dunha cativa. Licenciado en Medicina pola Facultade de Compostela, onde tamén obtiven o DEA en Saúde Pública no 2010. Realicei a especialidade en Medicina de Familia na área sanitaria de Santiago (CS Fontiñas, CHUS) e traballei posteriormente no 061 ate o 2007. Criado ate os 5 anos no Ensanche compostelán, fun alcalde de Teo durante 8 anos (2007-2015) antes de embarcarme na aventura de Compostela Aberta.

Contacto: alcaldia@santiagodecompostela.org

María Rozas Pérez

María Rozas Pérez

Primeira tenente de alcalde. Concelleira responsable de Economía e Facenda

Concelleira de Economía, Facenda e Administración e Primeira tenente de alcalde.

Nacín en Santiago de Compostela, en 1981. Traballei como consultora de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas nunha empresa de tecnoloxía da información e da comunicación. Son licenciada en Ciencias Políticas e Ciencia da Administración pola USC. Master de Estratexias, Axentes e Políticas da Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA (Universidade do Pais Vasco). Tamén fun voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas.

Contacto: mrozasp@santiagodecompostela.org

Jorge Duarte Vázquez

Jorge Duarte Vázquez

Segundo tenente de alcalde. Concelleiro responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade

Concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais

Nacín en 1966 en Boimorto. Arquitecto pola ETSA da Coruña, con especialización en Urbanismo e Rehabilitación e Renovación Urbana. Resido en Santiago de Compostela dende principios dos noventa e dende o estudio Atrio Arquitectura abordo proxectos de rehabilitación, de turismo rural, arquitectura bioclimática e tamén proxectos de urbanización. Fun presidente do Colexio de Arquitectos en Compostela e decano do Colexio de Arquitectos de Galicia e coordinei o Manual de Calidade do Proxecto Arquitectónico do Consello Superior de Arquitectos de España.

Contacto: jduartev@santiagodecompostela.org

Branca Novoneyra

Branca Novoneyra

Terceira tenente de alcalde. Concelleira responsable de Acción Cultural

Concelleira responsable de Acción Cultural.

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, DEA en Educación Artística pola Universidade de Granada e especialista en Edición Dixital pola UOC. Durante dez anos traballei no ámbito da danza contemporánea e xestionei o Laboratorio de Movementos. Son autora de dous libros de poesía e traballei no eido da xestión cultural, centrada no espazo editorial. Coorganicei o ciclo de lecturas poéticas Picaversos e colaborei activamente con diversas estruturas e artistas en proxectos escénicos e poéticos.

Contacto: bnovor@santiagodecompostela.org

Xan Duro Fernández

Xan Duro Fernández

Concelleiro responsable de Medio Ambiente e Convivencia

Concelleiro responsable de Medio Ambiente, Convivencia e Informática.

Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, traballei na USC como auxiliar técnico de biblioteca. Con parella e pai de dous nenos. Son militante ecoloxista dende hai tempo e fun presidente de ADEGA, coordinador xeral de Verdegaia, e membro de Ecoloxistas en Acción. Socio e colaborador da ONGD Amarante, presidente (sen remuneración) de Salgueiriños de Consumo So.Coop Galega e socio cooperativista de SomEnergia. Tamén militei en Espazo Ecosocialista, facendo parte da súa Comisión Coordinadora.

Contacto: xdurof@santiagodecompostela.org

Concha Fernández

Concha Fernández

Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde

Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos

Profesora de Intervención Sociocomunitaria no CIFP Compostela. Vivo en Santiago de Compostela dende o ano 1988 e teño dous fillos. Estudei Psicoloxía e fixei o doutoramento en Psicoloxía Política. No tempo universitario fun claustral electa e responsable da Comisión Cultural das Facultade de Psicoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación. Xa como profesora estiven activa no Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG). Nos últimos anos, a miña participación social estivo ligada ao Colexio Oficial de Psicoloxía, onde fun coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero e despois secretaria.

Contacto: cfernandezfe@santiagodecompostela.org

Manuel Dios Diz

Manuel Dios Diz

Concelleiro responsable de Educación e Cidadanía. Deputado provincial

Concelleiro de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.

Nacín en Santiago, na rúa da Troia, en 1953. Alí vivín ate os 18 anos. Mestre dende 1976 e licenciado en Xeografía e Historia, estou casado e teño unha filla e unha neta. Actualmente vivo en San Pedro. Teño tres grandes preocupacións: a educación, o activismo sindical e nos movementos sociais e o pacifismo. En 1985 promovín a fundación do Seminario Galego de Educación para a Paz, do que fun presidente. Dende 2013 presidín tamén a Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ).

Contacto: mdiosd@santiagodecompostela.org

Marta Lois González

Marta Lois González

Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.

Nacín en Vigo en 1969, teño unha filla e un fillo. Levo máis de 25 anos vivindo en Santiago de Compostela. Formei parte da directiva da ANPA do CEIP de Fontiñas e fun membro do Consello Escolar deste mesmo centro. Orofesora na Facultade de Ciencias Políticas da USC. Os temas nos que habitualmente traballo están relacionados coas políticas públicas, a igualdade de xénero e a representación política. Formeo parte dun amplo grupo de investigación sobre xénero e política con profesoras e investigadoras de varias universidades do Estado. Integrante do grupo Armela, que analiza o impacto da actual crise económica no desenvolvemento e garantía dos dereitos sociais e a igualdade de oportunidades entre a cidadanía.

Contacto: mloisg@santiagodecompostela.org

Rafael Peña Vidal

Rafael Peña Vidal

Concelleiro responsable de Medio Rural e Equilibrio Territorial

Concelleiro responsable de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial.

Veciño da Lavacolla e traballador do aeroporto no servizo de asistencia a persoas con mobilidade reducida, teño un activo compromiso na defensa dos intereses laborais e sociais da xente coa que traballo, polo que fun responsable das seccións sindicais da CIG no aeroporto. Formei parte dende mozo do tecido asociativo e do movemento veciñal do rural de Compostela.

Contacto: rpenav@santiagodecompostela.org

Noa Morales Sánchez

Noa Morales Sánchez

Concelleira responsable de Mocidade, Deporte e Benestar Animal

Concelleira responsable de Mocidade, Deporte, Mercados e Benestar Animal

Compostelá nada en 1984, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola vía de Relacións Internacionais. Master en Estudos Árabes e Islámicos Contemporáneos na Universidade Autónoma de Madrid. Está facendo o doutorado en destrución intencional de patrimonio palestino na cidade de Xerusalén. Participei en diversos movementos políticos internacionais.

Aposto por unha política diferente, baseada no principio de democracia participativa e dun modelo de cidade alternativo, que faga da sustentibilidade social e medioambiental un dos seus sinais de identidade, que se enfronte á especulación e que defensa servicios públicos de calidade como garantia de igualdade.

Contacto: nmoraless@santiagodecompostela.org

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies