Grupo Provincial Compostela Aberta

Compostela Aberta chegou á Deputación Provincial da Coruña no verán de 2015, despois das eleccións municipais dese ano.
A asemblea de Compostela Aberta decidiu que o grupo provincial de CA, conformado polo deputado Manuel Dios, non se integrase no goberno da Deputación formado polo PSdeG e o BNG. Dende entón apostou por un apoio crítico, respectando o interese provincial e da cidade.

Aínda que Compostela Aberta mantén unha posición crítica co papel xogado e o funcionamento tradicional das deputacións, a nosa actuación nesta institución buscou dende o primeiro día a vontade de acordo e de non de confrontación, aportando propostas en positivo.

Actuamos sempre con criterio propio, non condicionado máis que pola defensa do interese do ben común e de Compostela.

Manuel Dios Diz

Manuel Dios Diz

Deputado provincial de Compostela Aberta

Concelleiro de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.

Nacín en Santiago, na rúa da Troia, en 1953. Alí vivín ate os 18 anos. Mestre dende 1976 e licenciado en Xeografía e Historia, estou casado e teño unha filla e unha neta. Actualmente vivo en San Pedro. Teño tres grandes preocupacións: a educación, o activismo sindical e nos movementos sociais e o pacifismo. En 1985 promovín a fundación do Seminario Galego de Educación para a Paz, do que fun presidente. Dende 2013 presidín tamén a Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ).

Contacto:  manuel.dios@dacoruna.gal 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies