Horarios para a votación da coordinadora de Compostela Aberta

Xa temos HORARIOS para a votación presencial á coordinadora de Compostela Aberta.

VENRES 20 de abril: de 11:00 a 19:00h
SÁBADO 21 de abril: de 11:00 a 19:00h

Será no local de de CA, na rúa Santiago de Guayaquil nº7, co requisito de presentar un documento acreditativo  (preferentemente o DI ou DNI).

Podes consultar na web as candidaturas definitivas presentadas para formar a coordinadora de CA durante os próximos 18 meses. Recorda que na papeleta poderás marcar un máximo de 8 persoas.

Dado que se presentaron 5 mulleres e 8 homes, o comité electoral decidiu que neste proceso elixiremos 10 persoas (5 mulleres e 5 homes), cumprindo coa paridade marcada en estatutos. A asemblea decidiría a posteriori como completar ata 12 persoas.

Con respecto á comisión de mediación e garantías, presentáronse 2 homes e 2 mulleres para 4 postos, polo que quedarían automaticamente elixidas.

O censo, pechado o martes 10 de abril ás 23:59h, quedou conformado en 655 persoas.

Por último, dende a comisión electoral agradeceremos a presenza de persoas voluntarias para acompañarnos e actuar como interventoras durante a votación, polo que podes escribir a organizacion@compostelaaberta.org indicando a túa preferencia nalgunha das 4 quendas: venres 11h-15h e 15h-19h, sábado 11h-15h e 15h-19h.

Grazas anticipadas pola vosa participación.

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo