O proxecto da Senda Peonil de Figueiras e o convenio co Concello para a rehabilitación da Casa das Máquinas deron hoxe importantes pasos adiante despois da súa aprobación no pleno da Deputación provincial.

A Senda Peonil é un primeiro paso para conectar Figueiras, a parroquia rural máis habitada de Compostela, co centro da cidade. O proxecto ten que licitarse e adxudicarse, polo que dende Compostela Aberta estaremos vixiantes para dar cumprimento a esta demanda longamente agardada pola veciñanza.

Imaxe previa á sinatura do convenio. De dereita a esquerda, o deputado provincial de CA, Manuel Dios, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartin, o Concelleiro de Obras, Rural e para o Reequilibrio Territorial, Rafa Peña, e o responsable da área, Xosè Regueira

O proxecto aprobado conta cun importe cercano a 800.000 euros e inclúe tamén a execución dunha variante no quilómetro 0 da estrada eliminando a perigosa curva actual desde a cal se accede aos centros educativos.

A senda peonil de Figueiras é unha actuación demandada xa dende finais dos 90. O primeiro proxecto que a Deputación presentou data de abril de 2009, cun orzamento algo inferior a medio millón de euros. Este proxecto, que non conectaba cos núcleos de Figueiras senón que remataba ao inicio da estrada ao Pedroso, foi aprobado na sesión plenaria de abril de 2009.

Máis de ano e medio despois, o proxecto non se licitara aínda e a obra quedou no finalmente no caixón ata o 2015. É entón cando Compostela Aberta demanda o seu rescate á deputación despois da petición directa da veciñanza.

Despois da súa revisión, o proxecto de 2009 tivo que descartarse para iniciar un novo proceso que dá hoxe un primeiro paso moi importante. Como dicimos, dende Compostela Aberta estaremos vixiantes para que se cumpra o acordo e non volva quedar nun caixón.

Casa das Máquinas
O pleno da Deputación tamén aprobou o convenio co Concello para a rehabilitación da Casa das Máquinas, un edificio para o que se prevé un futuro uso sociocultural do que poderá desfrutar toda a veciñanza.

A Casa das Máquinas é un edifico singular polo valor patrimonial que supón para o Concello de Santiago. Foi construída en 1919 e deseñada polo arquitecto compostelán Xesús López de Rego. Encóntrase catalogado patrimonialmente debido as súas características tipolóxicas e compositivas de especial significación arquitectónica e ambiental. Trátase por tanto dun notable exemplo de arquitectura industrial da cidade que ven a completar os recursos de patrimonio cos que contamos no concello das diferentes épocas históricas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies