Manolo Dios participa este mércores nunha xornada de educación das cidades do cambio en Barcelona

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, manterá no día de hoxe diversas xuntanzas en Barcelona nas que se debaterá o modelo educativo nas cidades do cambio. Entre outros auntos, compartirán experiencias sobre o proxecto Ejuso de educación en xustiza social.

Convidado polo Comisionado de Educación e Universidades, Miquel Ángel Essombra, o concelleiro de Educación e Cidadanía participará nunha Xornada Temática que terá lugar na sede do Instituto Municipal de Educación do Concello de Barcelona. Están convidadas as cidades de Santiago, Zaragoza, Cádiz, Madrid e Barcelona, que é a anfitriona.

No Encontro educativo das cidades do cambio farán intercambio de experiencias na metade do mandato e coñecerán o proxecto EJUSO de investigación e promoción da Xustiza Social en Educación Primaria e Secundaria.

Entre os seus obxectivos están investigar a representación do concepto de xustiza que teñen os estudiantes de primaria e de secundaria; fomentar o pensamento crítico e analítico do alumnado nas contornas máis próximas e a nivel global; aumentar os coñecementos e habilidades en materia de xustiza social e, por último, consensuar un concepto común de xustiza social baseado nas actitudes, comportamentos e principios nos que sustentar a convivencia democrática.

As cidades do cambio analizarán tamén diversas propostas de colaboración futuras.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta pide medidas para garantir a supervivencia das escolas unitarias do rural

María Rozas visitou a escola do Gaioso, na parroquia do Eixo, que podería pechar as súas portas se non consegue máis alumnado para o próximo curso

María Rozas: “Durante este mandato non houbo nin un só programa de conciliación que non provocara queixas e incertidume nas familias”

A portavoz de Compostela Aberta acusa ao Goberno de Bugallo “de volver a complicarlle a vida ás nais e pais ao non pechar as prazas da conciliación de Nadal ata tres días antes do remate do curso escolar”

Compostela Aberta pedirá no Pleno melloras na escola infantil de Laraño

María Rozas visitou o centro, que precisa pequenas actuacións “fácilmente solventables se hai vontade por parte do Goberno”

Compostela Aberta reclama melloras no CEIP Rodríguez Xixirei da Lavacolla

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo