Compostela Aberta insta á Xunta a aprobar un gran “Acordo Nacional para o Monte Galego”

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, presentou a moción que se debaterá esta tarde no pleno da corporación de Santiago

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou esta mañá a moción que o grupo municipal de Compostela Aberta levará para o seu debate ao pleno da corporación que se celebra esta tarde. Nela, ínstase á Xunta de Galicia a impulsar un gran “Acordo Nacional para o Monte Galego”, que sexa acordado con todos os axentes implicados porque “só así se pode acadar unha planificación transversal e a longo prazo”.

O concelleiro de Compostela Aberta insistiu en que “só un gran acordo nacional poderá evitar xornadas tráxicas como a que vivimos o pasado domingo, con máis de 130 incendios nun só día por todo o país, catro persoas mortas, 35.000 hectáreas queimadas e un dano ambiental difícilmente cuantificable”.

Cuestión política
Xan Duro lamentou “o espectáculo indigno ao que estamos asistindo nos útlimos días, cunha Xunta noqueada que non acerta a falar máis que de supostas tramas terroristas organizadas, un presidente galego que recoñece que no domingo tivemos doce horas de descontrol, unha conselleira de Medio Ambiente que di non saber se o eucalipto arde máis rápido que outras especies arbóreas ou unha conselleira de Medio Rural que se limita a falar de aldraxe”. O concelleiro de Medio Ambiente criticou tamén “o discurso dominante do PP de que non se pode facer política cos incendios, cando no ano 2006, mentres estaba na oposición, Alberto Núñez Feijóo si fixo política, da mal entendida, sacándose fotos mangueira en man e con zapato castellano”. Fronte a iso, dixo o edil, “Compostela Aberta aposta pola política en maiúsculas e por iso propón un gran pacto, porque a xestión do monte e a ordenación do territorio son cuestións políticas, porque foi a política aplicada no país desde hai décadas a que desmantelou o rural e deixou un monte dividido en parcelas minifundistas e cheas de eucalipto”.

Propostas
Na moción presentada por Compostela Aberta, propónse que o Acordo Nacional para o Monte Galego defina unha política agraria e gandeira que permita un sector primario asentado no territorio e que aposte por prácticas “naturalizadoras”, que teñan en conta a fauna e flora autóctonas e a complexidade dos ecosistemas. Tamén se aposta por unha moratoria inmediata para a plantación de eucalipto e a posterior fixación dun límite para a ocupación do territorio por monocultivos de especies invasoras. Ao respecto, Xan Duro denunciou que a Xunta está incumprindo o seu propio plan “porque o Plan Forestal de Galicia 1992-2032 prevía a plantación de 250.000 hectáreas de Galicia e hoxe, cando aínda faltan 15 anos para o remate do plan, xa nos achegamos ao medio millón”.

Consulta aquí a moción

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo