Levamos anos dicindo que Compostela só se entende en chave de consenso e colaboración institucional. Pero está claro que outros prefiren non sacar o traxe electoral para pensar no interese da cidadanía e no ben común.

Hoxe atopámonos coa sorpresa de que Feijóo reabriu de maneira unilateral o debate da nova EDAR na súa reunión coa ministra de Medio Ambiente, sementando dúbidas sobre a ubicación da Silvouta. Todo isto, sen informar previamente ao Concello.

Segundo puido saber Martiño Noriega, Feijóo queixóuselle á ministra da falta de información sobre a EDAR da Silvouta. Por desgraza para el, delátao a hemeroteca da propia Xunta onde podemos comprobar que despois da súa reunión con Martiño Noriega o pasado mes do outubro admitiu que “correspóndelle ao Concello decidir a mellor ubicación da depuradora”.

Nunha infraestrutura fundamental para Compostela que esixe colaboración institucional atopámonos diante da inxerencia dun Feijóo que como di Martiño Noriega, “non actúa como presidente da Xunta, senón como xefe de campaña do PP.” Unha actuación desleal e con mala fe, que antepón o interese partidario do PP aos da veciñanza da capital do país.

Pero que non teña dúbida, dende Compostela Aberta seguiremos traballando, coa man tendida pero con toda a firmeza e decisión, para que Santiago teña canto antes a depuradora á altura do que precisa e merece. Un proxecto de cidade que por fin comeza a vislumbrarse malia os obstáculos da política cativa e partidista.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies