Obradoiro formativo de comunicación pública para mulleres

 

Desde o Grupo de traballo de Igualdade de Compostela Aberta queremos convidar a todas as mulleres, que dun xeito ou outro participan no noso espazo político, ou queren facelo, a participar nunha acción formativa. Por iso, os días 15 e 29 de xuño e 6 de xullo, imos desenvolver unhas xornadas de traballo e formación que pretenden ser un espazo onde encontrarnos, coñecernos e recoñecernos.

Un espazo para traballar o noso empoderamento de xeito individual e colectivo. Un obxectivo que, como feministas, parécenos imprescindible para reforzar a nosa participación política con maior representación e maior comunicación.

As sesións dos días 15 e 29 de xuño decorrerán no CSC do Ensanche e a do día 6 de xullo no local de Compostela Aberta, todas elas en horario de 16.30 a 20.30 hh

Podedes inscrivirvos, enviando nome completo e número de telefone, no seguinte mail: redes@compostelaaberta.org
Agardámoste!
#Compostelafeminista

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo