Organización

Compostela Aberta é unha proposta colectiva da veciñanza de Santiago de Compostela, unha organización política de base asemblearia que confía na participación popular para aprofundar na democratización da nosa sociedade e as súas institucións. Que acredita na necesidade da implicación das maiorías no goberno do común e que favorece esa implicación no seu funcionamento orgánico.

Asemblea

A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión e debate da nosa organización. Reúnese ordinariamente con unha periodicidade bimensual e nela poden participar, con idénticas capacidades e dereitos, todas as persoas inscritas en Compostela Aberta.

Coordinadora

A Coordinadora é o organismo de funcionamento ordinario de carácter executivo. É elixida polo conxunto das inscritas e inscritos e compétenlle as funcións de representación, administración e ordenamento do funcionamento orgánico, axustándose sempre ao mandato da asemblea.
A actual coordinadora está composta nas súas diferentes áreas por:

Portavocía: Iolanda Rei e Duarte Crestar Pena
Organización: Antía Soto González e David Domenech Labandeira
Comunicación: Myriam Vidal Tomé e André Seoane
Finanzas: Antonio Pérez Casas
Loxística e local: Raquel López Noia
Grupos de Traballo: Fernando Rei
Organización territorial: Mariajo Bóveda Fernández

E como representantes designados polo Grupo Municipal de Compostela Aberta
Marta Lois
Branca Novoneyra
Miguel Penas
María Rozas
Javier Vázquez

Grupos de traballo

Os Grupos de Traballo son espazos de participación directa articulados por criterios sectoriais ou territoriais. A súa función é a de servir de canle de intervención en áreas ou temáticas concretas. Servindo tanto para a coordinación da actividade das inscritas e inscritos interesadas nesas áreas e temáticas como para a recollida de aportes externos á organización.
Aquí podes ver máis información sobre os diferentes grupos de traballo de Compostela Aberta.

Comisión de Mediación e Garantías

A Comisión de Mediación e Garantías, elixida polo conxunto de inscritas e inscritos en Compostela Aberta, é o órgano de resolución de conflitos e velará polo cumprimento dos estatutos e a protección dos dereitos das persoas afiliadas.  As súas decisións serán apelábeis ante a Asemblea.

A actual comisión de Mediación e Garantías está composta por:
Bieito Cambeiro
Noa Morales Sánchez
Alexandra Pacheco González
Cibrán Santamarina Ríos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies