Os que participaron na adxudicación irregular da ORA no 2012 xogan ao despiste cuestionando a municipalización

Martiño Noriega fixo este xoves o relato completo do ‘Caso Doal’, despois de que os grupos da Oposición e -algúns dos seus altofalantes mediáticos- insistiran en sementar dúbidas sobre a recuperación do servizo.

Os mesmos que participaron na adxudicación irregular da ORA do 2012 que pode custarlle ao Concello máis de 600.000 euros son os que tentan agora relacionar esta sentenza coa municipalización impulsada polo goberno de Compostela Aberta.

Martiño Noriega fixo este xoves o relato completo do ‘Caso Doal’, despois de que os grupos da Oposición e -algúns dos seus altofalantes mediáticos- insistiran en sementar dúbidas sobre a recuperación do servizo.

Algo especialmente ‘curioso’ tendo en conta que foron precisamente PP, PSOE e BNG os que estiveron na mesa de contratación que o adxudicou irregularmente á empresa Setex Aparki, no 2012, incluido o actual voceiro nacionalista Rubén Cela. Se cadra, este é precisamente o motivo para ter máis interese en cuestionar a recuperación da ORA para o público que en revisar as consecuencias da adxudicación irregular.

Como di Martiño, os mesmos que levan catro anos asubiando para arriba coas sentenzas con custos milloniarios para o Concello que van chegando poñen agora o grito no ceo e atribúen a posible indemnización a DOAL coa municipalización sabendo que non é consecuencia dela.

Cronograma do ‘Caso Doal’
Como se pode ver na nota do Concello ou no cronograma inferior, a sentenza coñecida esta semana é o último paso dun proceso que arranca en febreiro do 2011 baixo o último goberno bipartito de Bugallo.


En xaneiro do 2012, o goberno de Conde Roa adxudicaría o contrato a Setex Aparki de acordo coa mesa de contratación. A segunda clasificada, DOAL (filial do Grupo Vendex) recorreu a decisión que sería anulada polo TSXG en setembro do 2015. Esta adxudicación irregular e non a municipalización é o que está detrás da sentenza que resolve que DOAL ten dereito a unha indemnización de 620.000 euros.

Advertencia nas mesas de contratación

O alcalde relatou que no procedemento de adxudicación da ORA e do guindastre “celebráronse ata seis mesas de contratación a finais de 2011, coa participación de PP, PSOE e BNG”. Tamén explicou que na quinta desas mesas, celebrada o 16 de novembro de 2011, “someteuse a debate un escrito de alegación presentado por Doal para solicitar que non se admitira no procedemento a proposta das empresas Aussa e Setex, e advertindo que a parcela ofertada por Setex como depósito do guindastre non tiña a extensión requirida no prego de condicións do concurso”.

Nesa mesa de contratación, proseguiu Martiño Noriega, “participaron os populares Albino Vázquez Aldrey e Juan de la Fuente, o socialista Bernardino Rama e o nacionalista Rubén Cela, e na mesa acordouse que non se tería en conta o escrito de Doal porque os requisitos sobre as parcelas deberán cumprirse polo adxudicatario do contrato e non polos licitadores”.

Segundo a acta desa xuntanza, as cuestións relativas ao escrito de Doal verificaríanse no momento da adxudicación do contrato, e se a empresa Setex efectivamente incumpría as condicións do prego quedaría excluída.

O 22 de decembro de 2011 celebrouse a sexta e última mesa de contratación, na que se acordou a adxudicación do servizo a Setex coa participación dos concelleiros Albino Vázquez Adrey e Juan de la Fuente polo PP, Bernardino Rama polo PSOE, e Rubén Cela polo BNG. Da acta desa xuntanza despréndese que “se ignorou totalmente o escrito de Doal que se examinara na anterior mesa de contratación, menos dun mes antes, e que recollía o incumprimento do prego de condicións por parte de Setex que motivaría a sentenza que anulou a adxudicación, xa no ano 2015”.

Municipalización avalada xurídicamente
Martiño Noriega lembrou tamén que “cando a finais de 2015 recibimos a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaba a adxudicación da ORA e do guindastre solicitamos un informe ao entón secretario e asesor xurídico do Concello, que descartou que fora preciso adxudicarlle o contrato a Doal”. Máis ben ao contrario, proseguiu o alcalde, “aquel informe sinalaba literalmente que o Concello acordaría sobre a forma de xestión máis oportuna, fora unha nova contratación ou a xestión directa do servizo”.

Foi en base a ese informe xurídico que o Goberno de Compostela Aberta explorou a posibilidade de municipalización do servizo, “nun proceso que foi paralizado temporalmente cando un novo auto xudicial xa en 2017 obrigaba a adxudicar novamente o contrato”. Noriega relatou que “o Goberno impulsou un novo procedemento de adxudicación, que non culminou porque Doal negouse a asumir o contrato e anunciou a súa intención de optar á indemnización”.

O alcalde insistiu en que tanto o Goberno do Estado como a empresa Setex retiraron os recursos xudiciais que tiñan presentado contra a municipalización, “e o único recurso que se mantén é o asinado, supostamente a título individual, polo avogado Carlos Abal”.

Herdanza envelenada
A sentenza de DOAL é outra factura máis da envelenada herdanza dos autodenominados ‘bos xestores’ dos gobernos do PP e bipartitos de Bugallo e compañía e coas que ten que lidiar o gobernó de Compostela Aberta.

Entre elas destacan a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigou a pagarlle 1,5 millóns de euros á empresa adxudicataria da construción do parque comarcal de bombeiros de Salgueiriños polo incumprimento dun acordo do ano 2008; as sentenzas polos erros na liquidación do transporte urbano do periodo 2007-2011, que custaron máis de 600.000 euros; ou a que fixou a devolución de máis de 400.000 euros polos custos de urbanización do SUP-11 do Castiñeiriño, paralizado en 2011.

Ademais, o Concello ten solicitada a paralización do procedemento xudicial aberto pola reclamación que ten feito ADIF para que o Concello lle abone dez millóns de euros pola construción do viaduto de Cornes, polo incumprimento do convenio asinado ao respecto en 1998.

Arquivado en:Martiño NoriegaORA
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo