PARTICIPA NAS PRIMARIAS ABERTAS 2019

Compostela Aberta abre o proceso de primarias abertas á veciñanza para a elaboración da lista electoral, coa cal concorreremos ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

Por iso queremos convidarte e animarte a participar para que entre todas e todos fagamos a candidatura máis forte para seguir avanzando na Compostela que queremos máis.

Se resides en Compostela ou tes vencellos laborais ou académicos coa cidade podes participar na votación da lista que terá lugar no noso local (rúa Alfredo Brañas, 21), os próximos días 22, 23 e 24 de marzo.

Tamén podes presentar a túa candidatura, tanto de forma individual como colectiva.

Compostela Aberta faise con todas nós! Anímate a participar!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies